Tremp
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | Provincia de Lleida | ||||
| Comarca | Pallars Jussà | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Tremp | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 6.015 (2024) | ||||
| Número de fogares | 368 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 302,8 km² | ||||
| Bañado por | Río Noguera Ribagorzana e Río Noguera Pallaresa | ||||
| Altitude | 468 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Sílvia Romero Galera (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 25620 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 25234 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 252347 | ||||
| Sitio web | ajuntamentdetremp.cat | ||||
Tremp é un municipio español, capital da comarca denominada Pallars Jussà, situada na provincia de Lleida, e pertencente á Comunidade Autónoma de Cataluña.
É o municipio con maior extensión de toda Cataluña, 309,97 Km² e en 2007 contaba con 6.022 habitantes. En 1884 recibiu o título de cidade.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio esténdese na zona do prepireneo catalán, polo oeste da conca do río Noguera Ribagorzana, e ao leste do río Noguera Pallaresa. O núcleo central do municipio está situado sobre unha pequena meseta dentro da conca da súa mesmo nome, a 468 msnm. A Cuenca de Tremp constitúe unha comarca natural, delimitada polas serras e montañas de Montllobar (1.125 m), Lleràs (1.678 m), Comiols (1.356 m), Sant Gervàs (1.834 m), Boumort (2.070 m) e Montsec (1.678 m). Os núcleos habitados do municipio áchanse situados a altitudes comprendidas entre os 400 e os 800 metros.
Climatoloxía
[editar | editar a fonte]A pesar da súa proximidade ás comarcas pirenaicas, a súa estratéxica situación permítelle gozar dun clima mediterráneo,[Cómpre referencia] con temperaturas medias similares ás do prelitoral catalán, aínda que as temperaturas máximas e mínimas son máis extremas.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]O núcleo principal do municipio áchase situado sobre a estrada C-13, que o atravesa en dirección norte-sur. Tamén se pode acceder por medio do ferrocarril da liña entre Lleida e La Pobla de Segur, que ten estación no propio núcleo. Ademais, existe a posibilidade de acceder facendo uso da liña regular de autobús.
