Os Goonies
| Os Goonies | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
|
Cor
| |||
| Autoría | |||
|
Director/a
| |||
|
Compositor/a
| |||
|
Guionista
| |||
|
Director/a fotografía
| |||
|
Editor/a de cine
| |||
|
Actores
John Matuszak (pt)
Sean Astin Michael Paul Chan Steve Antin (pt) Mary Ellen Trainor Newt Arnold (pt) Nick McLean (en) Richard Donner Keith Walker Lupe Ontiveros George Robotham (pt) Joe Pantoliano Anne Ramsey Jeff Cohen (pt) Josh Brolin Robert Davi (pt) Corey Feldman Martha Plimpton Kerri Green (pt) Jonathan Ke Quan Richard Donner | |||
| Temática | |||
|
Tema principal
| |||
|
Ambientado en
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
21 de decembro de 1985 (Xapón)
25 de decembro de 1985 (Uruguai) 3 de febreiro de 1986 (Unión Soviética) 9 de febreiro de 1986 (Taiwán) 20 de decembro de 1985 (Suecia, Austria, Grecia, Italia) 29 de novembro de 1985 (Reino Unido, Irlanda, Portugal) 30 de xaneiro de 1986 (Noruega) 9 de decembro de 2019 (Italia) 13 de decembro de 1985 (Islandia) 22 de outubro de 1986 (India) 29 de marzo de 1990 (Hungría) 13 de abril de 2021 (Golden Horse Fantastic Film Festival (en) 28 de febreiro de 2015 (Glasgow Film Festival (en) 27 de xullo de 2011 (Francia) 1 de abril de 2015 (Francia) 4 de decembro de 1985 (Francia) 6 de decembro de 1985 (Finlandia) 3 de novembro de 2019 (Festival Internacional de Cinema de Tesalónica) 28 de outubro de 2011 (Fantastic film week (en) 1 de decembro de 2011 (España) 14 de agosto de 2019 (España) 5 de marzo de 2021 (España) 24 de xullo de 1985 (España) 30 de novembro de 1985 (Dávao) 11 de outubro de 1985 (Dinamarca) 19 de xullo de 1986 (Corea do Sur) 20 de marzo de 1986 (Colombia) 7 de xuño de 1985 (Canadá, Estados Unidos de América) 10 de decembro de 2019 (Arxentina) 12 de decembro de 1985 (Arxentina, Australia, Brasil, México) 19 de decembro de 1985 (Alemaña, Países Baixos) 1985 | |||
|
País de orixe
| |||
|
Produtor/a
| |||
|
Produtor/a executivo
| |||
|
Compañía produtora
| |||
|
Distribuidor/a
| |||
|
Recadación
| |||
|
Custo
| |||
|
Puntuación da crítica
62/100 Metacritic (8 de outubro de 2025)
76% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022) 6.5/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) | |||
| Dimensións | |||
|
Duración
| |||
| Localizacións | |||
|
Localización rodaxe
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Os Goonies (en inglés: The Goonies) é un filme de aventuras dirixido por Richard Donner que se estreou en 1985. O guión foi escrito por Chris Columbus a partir da historia orixinal do seu produtor executivo Steven Spielberg. O filme trata sobre unha banda de preadolescentes que vive no barrio de "Goon Docks" en Astoria, Oregón, que tratan de salvar os seus fogares de seren derrubados. Por casualidade atopan un antigo mapa español que os leva á iniciar a busca do tesouro de Willie o chosco, un lendario pirata do século XVII.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mikey é un rapaz de trece anos que vive en Astoria (Oregón) na costa oeste dos Estados Unidos. O seu pai vive preocupado polo embargo do seu fogar para a construción dun campo de golf ó igual que o resto dos fogares do barrio. Mickey, xunto co seu irmán máis vello e os seus amigos, fanse chamar "Os Goonies", e un día de treboada soben a xogar ó faiado da casa, onde o seu pai garda obxectos antigos. Alí atopan un vello mapa do tesouro de "Willie o Chosco", un pirata que desapareceu xunto coa súa tripulación hai moito tempo. Os Goonies deciden saír na procura dese tesouro porque poderían resolver tódolos problemas económicos das súas familias. Para atopalo deberán sortear as trampas dos piratas e dos Fratelli, unha familia de ladróns que tamén anda tralo tesouro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Os Goonies
[editar | editar a fonte]- Sean Astin como Michael "Mikey" Walsh
- Corey Feldman como Clark "Mouth" Devereaux
- Jonathan Ke Quan (nos créditos como Ke Huy Quan) como Richard "Data" Wang
- Jeff Cohen como Lawrence "Chunk" Cohen
- Josh Brolin como Brandon "Brand" Walsh
- Kerri Green como Andrea "Andy" Carmichael
- Martha Plimpton como Stephanie "Stef" Steinbrenner
Outros personaxes
[editar | editar a fonte]- Anne Ramsey como Ma Fratelli
- Joe Pantoliano como Francis Fratelli
- Robert Davi como Jake Fratelli
- John Matuszak como Lotney "Sloth" Fratelli
- Mary Ellen Trainor como Harriet Walsh
- Keith Walker como Irving Walsh
- Steve Antin como Troy Perkins
- Lupe Ontiveros como Rosalita
- Richard Donner (cameo)