L.A. 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L.A. 2017 é un episodio da serie de televisión The Name of the Game emitido en 1971. Ás veces chamado "Los Angeles: AD 2017" (o nome da novela de Philip Wylie creada en base ó guión) ou "Los Angeles 2017" é unha peza de ciencia ficción rodada cun orzamento de 375 000 dólares. O director foi Steven Spielberg cando tiña 24 anos, usou ángulos de cámara para dirixir o seu primeiro episodio de televisión e comentou en anos posteriores que o programa "abriume moitas portas".

É o décimo sexto episodio da terceira tempada, e o elenco inclúe a Barry Sullivan, Edmond O'Brien e (nun breve cameo) a amiga de Spielberg Joan Crawford. O episodio ten unha duración de 76 minutos (90 minutos incluíndo os anuncios). O episodio nunca foi estreado en formato de vídeo caseiro, nin como filme independente nin como parte da serie. Presentar a historia como un soño era a única maneira en que o relato de ciencia ficción de Wylie podía encaixar no peculiar formato de The Name of the Game, un programa sobre o negocio das revistas ambientado no presente e que rota entre Gene Barry, Tony Franciosa e Robert Stack (e na terceira tempada contando con Peter Falk, Robert Wagner e Robert Culp).

Personaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]