Saltar ao contido

Amblin'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amblin'
 Instancia de
 Título
Amblin' (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1968 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración26 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fgrln Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0064010 Filmaffinity: 795176 Allocine: 148203 Rottentomatoes: m/amblin Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Amblin' é unha curtametraxe estadounidense de 1968 escrita e dirixida por Steven Spielberg. Foi a primeira produción completada por Spielberg completamente rodada en 35 mm. O filme ten como tema o amor durante a era hippy, a finais da década de 1960, e conta a historia dun home e unha muller novos que se coñecen no deserto. O filme converteuse no nome da empresa de produción de Spielberg, Amblin Entertainment.

A historia está protagonizada por un rapaz (Richard Levin) e unha rapaza (Pamela McMyler), moi novos que fan auto-stop polo deserto cara a California, sen que ningún dos dous pronuncie unha soa palabra. É unha historia de amor durante a era hippy de finais dos anos 60 (momento no que se filmou a curta). O filme emprega o silencio como recurso, mais está acompañado dunha guitarra acústica como banda sonora dende o comezo até o remate. A rapaza cre que o home é un hippy e por iso insinúalle probar drogas e ter sexo. Logo da escena que alude ás relacións sexuais, ámbolos dous chegan a unha praia paradisíaca, onde a personaxe de Levin fai surf, intre no que a rapaza aproveita para revisar o estoxo da guitarra. Desilusiónase ó atopar diversos obxectos que non relacionan de ningunha maneira o seu acompañante co hippy que ela cría que era, polo que acaba abandonándoo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Freer, Ian: The Complete Spielberg, Virgin Books, 2001.