Saltar ao contido

Encontros na terceira fase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Encontros na terceira fase
 Título
   Close Encounters of the Third Kind (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Movemento
 Tema principal
 Ambientado en
 Colección
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
24 de febreiro de 1978 (Suecia)
16 de novembro de 1977 (Estados Unidos)
6 de marzo de 1978 (Alemaña)
1977 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (21 de febreiro de 1978)
Óscar ó mellor deseño de produción (21 de febreiro de 1978)
Óscar á mellor banda sonora (21 de febreiro de 1978)
Óscar ó mellor son (21 de febreiro de 1978)
Óscar á mellor montaxe (21 de febreiro de 1978)
Óscar ó mellor director (21 de febreiro de 1978)
Óscar á mellor fotografía (21 de febreiro de 1978)
Óscar ós mellores efectos visuais (21 de febreiro de 1978) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   20.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
306.889.114 $
135.189.114 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   134 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF201893706 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-74AC-0000-B-0000-0000-4 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012mrr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.6/10 Internet Movie Database (9 de abril de 2026)
90/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
90% Rotten Tomatoes (7 de abril de 2024)
9/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0075860 Filmaffinity: 941282 Allocine: 881 Rottentomatoes: m/close_encounters_of_the_third_kind Mojo: closeencountersofthethirdkind Allmovie: v10031 TCM: 4492 Metacritic: movie/close-encounters-of-the-third-kind TV.com: movies/close-encounters-of-the-third-kind-special-edition Netlix: 60010238 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Encontros na terceira fase (en inglés: Close Encounters of the Third Kind) é un filme estadounidense de 1977 escrito e dirixido por Steven Spielberg, e protagonizado por Richard Dreyfuss, Melinda Dillon, Teri Garr, Bob Balaban, Cary Guffey e François Truffaut. Conta a historia de Roy Neary, un traballador de Indiana, cuxa vida cambia após un encontro cun obxecto voador non identificado (ovni).

A Devils Tower serviu como escenario para a película.
Frase musical utilizada na película para comunicarse con alieníxenas.

No deserto de Sonora, o científico francés, investigador do fenómeno OVNI e invitado principal da Conferencia de Montsoreau, Claude Lacombe (François Truffaut) e o seu tradutor estadounidense David Laughlin (Bob Balaban), entre outros científicos de investigación do goberno, descobren os avións que compuñan o Voo 19, un escuadrón aéreo perdido pouco despois da segunda guerra mundial.[1] Os avións están intactos e operativos, pero non hai rastro dos pilotos.

Un buque de carga, o Cotopaxi, desaparecido no Triángulo das Bermudas, aparece no medio do deserto de Gobi. Un avión está sendo perseguido por un obxecto brillante que o piloto non sabe describir.

Mentres tanto, Roy Neary (Richard Dreyfuss), un empregado da compañía eléctrica, está a investigar un apagamento cando o seu camión para e é inundado de luz brillante do ceo. Experimenta un encontro próximo cun OVNI, Roy é inmediatamente atrapado no medio dunha persecución policial tras catro Ovnis.

Despois desta experiencia, Roy queda fascinado polos Ovnis, para consternación da súa esposa, Ronnie (Teri Garr). Roy obsesiónase cada vez máis con cinco estrañas notas musicais e imaxes mentais en forma de montaña e comeza a modelalas. Jillian (Melinda Dillon) tamén se obsesiona con crear bosquexos desa montaña única. Pouco despois, aterroriza na casa un encontro de Ovnis, no que Barry, o seu fillo pequeno, é secuestrado por seres indistinguibles a pesar dos esforzos que fixo para protexer a súa casa.

Mentres tanto, o aumento do comportamento errático de Roy fai que Ronnie o deixe, levando consigo os seus tres fillos.

Desesperado, Roy ve un telexornal sobre un descarrilamento de tren preto da Devil's Tower National Monument en Wyoming, Estados Unidos. Alí decátase de que a imaxe mental que o molestaba é real. Jillian ve a mesma transmisión, polo que ela e Roy, así como moitos outros coa mesma experiencia, diríxense ao sitio.

Elenco e personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Close Encounters of the Third Kind (1977)". www.filmsite .org. Consultado o 15 de outubro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]