Michael Crichton
John Michael Crichton, nado en Chicago (Illinois) o 23 de outubro de 1942 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de novembro de 2008, foi un escritor, produtor e médico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras titularse en medicina en Harvard, empezou a súa carreira como escritor, guionista e produtor de cine. Algúns[quen?] chámano o pai do tecno-suspense.
Vendeu máis de 100 millóns de libros[Cómpre referencia], que foron traducidos a máis de trinta idiomas[Cómpre referencia], converténdose doce deles en películas de cine. Tamén é o creador da serie de televisión Urxencias. Foi a única persoa que tivo o libro número un, a película número un e a serie de televisión número un no mesmo instante[Cómpre referencia].
A súa novela State of Fear, de 2004, pon de manifesto o seu actual activismo escéptico, orientado a denunciar o que el considera o compoñente sensacionalista e relixioso do ecoloxismo, así como a incursión da política no campo da ciencia. É, por exemplo, moi crítico co consenso científico que existe en torno á actual teoría do quecemento global.
Pese á súa predilección polas novelas tecnocientíficas, Crichton carece de formación científica fóra da medicina, e o argumento dalgúns dos seus libros (como a posibilidade de recuperar o xenoma completo dun dinosauro en Jurassic Park ou a ausencia de relación entre o quecemento global e a actividade humana en "Estado de Medo") baséase en supostos científicos desenvolvidos por amigos próximos. Exemplo diso son as teorías matemáticas de Jurassic Park expostas por Alan Grant (paleontólogo no libro). A pesar da credibilidade dos seus argumentos, Michael Crichton especifica nos seus libros que se trata de novelas de ficción, polo que non hai que tomalas ó pé da letra.
En 1994 estreouse o filme Acoso, baseado na súa obra e protagonizado por Michael Douglas e Demi Moore, sendo tamén coprodutor da mesma.
Novelas
[editar | editar a fonte]Ningunha das súas novelas foi publicada aínda en galego.
- The Andromeda Strain (1969)
- The Terminal Man (1972)
- The Great Train Robbery (1975)
- Eaters of the Dead (1976)
- Congo (1980)
- Sphere (1987)
- Jurassic Park (1990)
- Rising Sun (1992)
- Disclosure (1994)
- The Lost World (1995)
- Airframe (1996)
- Timeline (1999)
- Prey (2002)
- State of Fear (2004)
- Next (2006)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michael Crichton dies of cancer at 66, The Hollywood Reporter, 5/11/08