Saltar ao contido

Firelight (filme de 1964)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Firelight
Póster de filme
 Instancia de
 Título
Firelight (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Datas
 Data de publicación
1964 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 135 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0kv8sl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0059181 Filmaffinity: 435193 Allocine: 148198 Rottentomatoes: m/firelight-1964 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Firelight é un filme estadounidense de 1964 escrito e dirixido por Steven Spielberg cando tiña 17 anos.[1] Feito cun orzamento de 500 dólares, o filme foi, de certa maneira, o primeiro éxito comercial de Spielberg, xa que se estreou nun cinema local que xerou un beneficio dun dólar. "Contei os tíckets aquela noite", declarou Spielberg, "e cobramos un dólar por boleto. Cincocentas persoas viñeron ver o filme e creo que alguén probablemente pagou dous dólares, porque obtivemos unha ganancia dun dólar esa noche, e iso foi todo".[2][3]

Malia que Firelight é o primeiro filme realizado por Spielberg, non é considerado o seu debut como director. O filma amplamente considerado como o seu debut como director de longametraxe é Duel (1971), aínda que "L.A. 2017", o episodio longo de The Name of the Game, é anterior.

A maior parte de Firelight está perdida no presente. Só sobreviviron tres minutos e corenta segundos da película, arredor do 3% da súa duración orixinal. Spielberg recuperou o tema central de Firelight no seu terceiro gran proxecto cinematográfico, Encontros na terceira fase (1977).

  1. Freer, Ian (2001). The Complete Spielberg. Virgin. pp. 5–8.
  2. Inside the Actor's Studio, con James Lipton entrevistando a Steven Spielberg.
  3. O beneficio de 1 dólar podería ser equivalente a arredor de 8,35 dólares en 2020 tendo en conta o axuste da inflación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]