Saltar ao contido

Bridge of Spies (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bridge of Spies
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Título
Bridge of Spies (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Maquillador/a
Datas
 Data de publicación
16 de outubro de 2015 (Estados Unidos de América)
26 de novembro de 2015 (Alemaña, Hungría) Editar o valor en Wikidata
Historia
8 de setembro de 2014rodaxe Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor filme (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor deseño de produción (14 de xaneiro de 2016)
Óscar á mellor banda sonora (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor guión orixinal (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor son (14 de xaneiro de 2016) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración142 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo40000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación165478348 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
VIAF87145067257066631161 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/011v6djn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
91% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
81/100 Metacritic (13 de febreiro de 2024)
7.7/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021)
92% Rotten Tomatoes Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt3682448 Filmaffinity: 255419 Allocine: 228473 Rottentomatoes: m/bridge_of_spies Mojo: coldwar2015 Allmovie: v627417 TCM: 2030791 Metacritic: movie/bridge-of-spies TV.com: movies/bridge-of-spies
Facebook: BridgeOfSpies Twitter: BridgeofSpies Netlix: 80050060 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bridge of Spies é un filme dramático de 2015, dirixido por Steven Spielberg e escrito por Matt Charman, Joel Coen e máis Ethan Coen. O filme está protagonizado por Tom Hanks, Mark Rylance, Amy Ryan e Alan Alda. Baséase na detención do espía ruso Rudolf Abel en 1957 e o denominado Incidente do U-2, ocorrido o primeiro de maio de 1960, durante a guerra fría.

A rodaxe comezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York. Touchstone Pictures estreou o filme nos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015 e a 20th Century Fox distribúeo no resto do mundo. En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.

O filme foi nomeado coma mellor filme nos premios Óscar de 2015, que tivo lugar o 28 de febreiro de 2016. Finalmente conseguiu o Óscar ó mellor actor secundario para Mark Rylance.

O filme narra os feitos sucedidos en 1957 en América do Norte da detención do espía ruso Rudolf Abel e a súa acusación, cuxa defensa encargouse o avogado James B. Donovan e tamén o posterior Incidente do U-2, ocorrido en 1960, no que un avión norteamericano caeu derrubado na Unión Soviética, en plena guerra fría. A Donovan encomendóuselle negociar o troco de Francis Gary Powers, o piloto do avión estadounidense derrubado, por Rudolf Abel.[1]

Produción

[editar | editar a fonte]
Vehículos en Monroe Place durante a filmación

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

St. James Place foi dada a Matt Charman, que escribiu os primeiros inicios do guión. Despois presentoullo a DreamWorks, cuxo cofundador Steven Spielberg atopouno interesante e decidiu dirixilo.[2] Marc Platt e Kristie Macosko Krieger uníronse coma produtores xunto a Spielberg. Joel Coen e mais Ethan Coen revisaron o guión orixinal de Matt Charman. En xuño de 2014, 20th Century Fox estivo de acordo en financiar lo filme coa DreamWorks e Participant, cos dereitos de distribución sendo divididos entre a Disney e a Fox.[3]

Elección do elenco

[editar | editar a fonte]

En maio de 2014, anunciouse que Tom Hanks sería James B. Donovan e Mark Rylance sería o co-protagonista xusto a Hanks. Amy Ryan, Alan Alda, Billy Magnussen e Eve Hewson, tamén estarían no filme.[4][5] Participant Media co-producirá a película.[6]

Luces durante a filmación

A rodaxe empezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York.[7] O 14 de setembro, a filmación ocorreu en DUMBO.[8] O 15 de setembro, continuou en Astoria, entre o Parque Astoria e Ditmars Boulevard. A filmación foi feita en 18 Street e a Avenida 26 en Astoria.[9][10] O 26 de setembro, a filmación ocorreu en Henry Street e Love Lane en Brooklyn Heights.[11] O 19 de setembro, en Hicks Street e Pineapple Street.[12]

A comezos de outubro, despois de rematar a rodaxe en Nova York, a produción continuou nos Babelsberg Studio en Berlín e Potsdam (Alemaña).[13] A filmación empezou no Aeroporto de Berlín-Tempelhof en outubro. Angela Merkel visitou o set.[14] A fotografía principal terminou o 4 de decembro. A filmación tamén tivo lugar en Wrocław, Polonia en novembro[15].

Posprodución

[editar | editar a fonte]

O 2 de outubro de 2014, Michael Kahn foi confirmado como o editor do filme.[16]

O filme tivo a súa estrea o 4 de outubro no Festival de Cinema de Nova York e o 16 de outubro de 2015 nos Estados Unidos.[17][18] En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.

A Walt Disney Studios Motion Pictures distribúe o filme en América do Norte por Touchstone Pictures.

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Entre outro premios o filme está nomeado con seis estatuillas para os premios Óscar 2015, que terán lugar o 28 de febreiro de 2016. Entre os nomeamentos figuran:

Premio Categoría Receptor Resultado Ref.
88ª edición dos Óscar Mellor filme Kristie Macosko Krieger, Marc Platt e Steven Spielberg Nomeada [19]
mellor actor secundario Mark Rylance Gañador
Mellor guión orixinal Matt Charman, Joel e mais Ethan Coen Nomeado
Mellor banda sonora Thomas Newman Nomeado
Mellor deseño de produción Adam Stockhausen, Bernhard Henrich e Rena DeAngelo Nomeado
Mellor son Drew Kunin, Andy Nelson e Gary Rydstrom Nomeado
Globos de Ouro Mellor actor secundario Mark Rylance Nomeado [20]
  1. "Four Cast in Steven Spielberg's Untitled Cold War Spy Thriller". Dreamworks Studio. 21 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2014.
  2. Siegel, Tatiana (24 de xullo de 2014). "Novice Screenwriter on Selling His First Script to Steven Spielberg: 'Exhilarating and Nerve-Racking'". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de novembro de 2014.
  3. Ge, Linda (20 de xuño de 2014). "Fox to Co-Finance Steven Spielberg's Cold War Thriller Starring Tom Hanks". The Wrap. Consultado o 23 de agosto de 2014.
  4. Bahr, Lindsey (16 de xuño de 2014). "Steven Spielberg's Cold War thriller and 'The BFG' snag release dates". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2014.
  5. "Amy Ryan, Alan Alda Join Tom Hanks in Steven Spielberg’s Cold War found Thriller". variety.com. 21 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014.
  6. "Participant Joins DreamWorks On Spielberg Cold War Pic & ‘The Light Between Oceans’". deadline.com.
  7. "Steven Spielberg’s Untitled Cold War Thriller is filming in Brooklyn this weekend". onlocationvacations.com. 12 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2014.
  8. Frost, Mary (7 de outubro de 2014). "DUMBO transformed for Spielberg Film". brooklyneagle.com. Consultado o 12 de outubro de 2014.
  9. http://weheartastoria.com/2014/09/spielbergs-st-james-place-is-filming-in-astoria/
  10. "Steven Spielberg spotted on the set of 'St James Place' in Astoria". onlocationvacations.com. 16 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 18 de setembro de 2014.
  11. Bindelglass, Evan (29 de setembro de 2014). "Tom Hanks, Steven Spielberg Film ‘St. James Place’ In Brooklyn Heights". brooklynnews.net. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.
  12. Fink, Homer (29 de setembro de 2014). "Spielberg Transforms Perfect Paws into a 1960s Dress Shop and He Will Make It Rain Monday Night in Brooklyn Heights". brooklynheightsblog.com. Consultado o 12 de ouctubro de 2014.
  13. Blaney, Martin (1º de outubro de 2014). "Race producers plan to re-team". SCREENDAILY. Consultado o 10 de outubro de 2014.
  14. http://www.morgenpost.de/berlin/article134825500/Merkel-besucht-Spielberg-und-Hanks-auf-Glienicker-Bruecke.html
  15. "Spielberg to shoot spy thriller in Wroclaw". thenews.pl. 22 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2014.
  16. Caranicas, Peter (2 de outubro de 2014). "Below the Line Bookings". variety.com. Consultado o 3 de outubro de 2014.
  17. McNary, Dave (16 de xuño de 2014). "Tom Hanks-Steven Spielberg Cold War Thriller Set for Oct. 16, 2015". Variety. Consultado o 6 de xuño de 2014.
  18. "Release Info for Bridge of Spies (2015)". IMDb (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015.
  19. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016.
  20. "Full List of Golden Globe Film and Television Nominations". Consultado o 2015-12-11.