Sam Neill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sam Neill
Sam Neill 2010.jpg
Neill no 2010.
Nacemento Nigel John Dermot Neill
14 de setembro de 1947 (67 anos)
Omagh, Irlanda do Norte
Nacionalidade Nova Zelandia Nova Zelandia
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Lisa Harrow (?-1989)
Noriko Watanabe (1989–presente)
Ficha na IMDb

Nigel John Dermot "Sam" Neill, nado o 14 de setembro de 1947 é un actor neozelandés de orixe irlandesa. É especialmente coñecido polo seu papel do doutor Alan Grant en Parque Xurásico e Parque Xurásico III.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de traballar na National Film Unit de Nova Zelandia como director e actor, Neill foi escollido como o protagonista do filme Sleeping Dogs. A continuación el apareceu no clásico australiano, My Brilliant Career (1979), xunto con Judy Davis.

Neill é coñecido polos seus papeis en filmes importantes, incluíndo Dead Calm (1989), La révolution française (1989), The Hunt for Red October (1990), Memoirs of an Invisible Man (1992), The Piano (1993), Parque Xurásico (1993), Sereas (1994),In the Mouth of Madness (1994), Event Horizon (1997) e Parque Xurásico III (2001).

En 1993, Neill co-protagoniza con Anne Archer Leap of Faith, un drama independente, baseado nunha historia verdadeira sobre a loita dunha muller a vencer o cancro e ter un bebé.

Neill foi invitado a desempeñar o papel de Elrond na adaptación de O Señor dos Aneis, de Peter Jackson, pero rexeitou por mor das súas obrigas contractuais para Jurassic Park III. Organizou e narrou unha serie de documentais para a BBC, titulada Space (Hyperspace, nos Estados Unidos) en 2002.

Neill tamén apareceu en Merlin (1998), un filme baseado na lenda do Rei Artur e a Dama do Lago, retratando o lendario bruxo. Tamén repetiu o seu papel como Merlín, na película Merlin's Apprentice (2006) no que Merlín descobre que el tivo un fillo coa Dama do Lago.

Neill protagoniza o drama histórico The Tudors na rede Showtime facendo o papel do Cardeal Thomas Wolsey.

Tamén protagoniza unha produción de TV ABC chamada Happy Town (2010) na que interpretou a Merritt Grieves, un misterioso dono dunha tenda de recordos. Engadiuse ao elenco dunha adaptación para o cinema da obra de Arthur Miller A View from the Bridge, que ía rodarse en xuño de 2011 mais nunca se filmou.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1975 Landfall Eric
Ashes Sacerdote
1977 Sleeping Dogs Smith
1979 Just Out of Reach Mike
The Journalist Rex
My Brilliant Career Harry Beecham
1981 Omen III: The Final Conflict Damien Thorn
Possession Mark
From a Far Country Marian
1982 Homes Z Sarxento D.J. (Danny) Costello
1983 Enigma Dimitri Vasilikov
1984 The Blood of Others Bergman
1985 Robbery Under Arms Capt. Starlight
Plenty Lazar
1986 For Love Alone James Quick
1988 Evil Angels Michael Chamberlain
1989 Dead Calm John Ingram
La Révolution française Gilbert du Motier, marquis de Lafayette
1990 The Hunt for Red October Capitán Vasili Borodin
Shadow of China Xornalista de TV Creditado como John Dermot
1991 Death in Brunswick Carl 'Cookie' Fitzgerald
Until the End of the World Eugene Fitzpatrick
1992 The Rainbow Warrior Alan Galbraith
Memoirs of an Invisible Man David Jenkins
Hostage John Rennie
1993 The Piano Alisdair Stewart
Parque Xurásico Dr. Alan Grant
Sereas Norman Lindsay
1994 Country Life Dr. Max Askey
Rudyard Kipling's The Jungle Book Coronel Geofferey Brydon
In the Mouth of Madness John Trent
1995 Restoration Rei Charles II
1996 Children of the Revolution Nine
Victory Mr. Jones
1997 Event Horizon Dr. William Weir
1998 The Horse Whisperer Robert MacLean
O xogo da vinganza Henry Bell
1999 Molokai Walter Murray Gibson
Bicentennial Man 'Sir' Richard Martin
2000 My Mother Frank Professor Mortlock
The Dish Cliff Buxton
The Magic Pudding Sam Sawnoff Voz
2001 Parque Xurásico III Dr. Alan Grant
The Zookeeper Ludovic
2002 Dirty Deeds Ray
Leunig Animated Narrador
2003 Perfect Strangers The Man
Yes Anthony
2004 Wimbledon Dennis Bradbury
2005 Little Fish O Jockey
2006 Irresistible Craig
2007 Angel Théo
2008 Dean Spanley Dean Spanley
Skin Abraham Laing
2009 I Am You Mr. Reid
Under the Mountain Mr. Jones
Daybreakers Charles Bromley
2010 Legend of the Guardians: The Owls of Ga'Hoole Allomere Voice
2011 The Dragon Pearl Chris Chase
The Hunter
2012 The Vow
A View from the Bridge

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1982 Ivanhoe Brian de Bois-Guilbert
1983 Reilly, Ace of Spies Sidney Reilly 12 episodios
1985 Kane and Abel William Lowell Kane
1987 Amerika Coronel Andrei Denisov
1994 The Simpsons Malloy
1995 Forgotten Silver El mesmo
1996 In Cold Blood Agent Alvin Dewey
1998 Merlin Merlín
1998 The Games Citytrans CEO
2001 Space El mesmo
2002 Doctor Zhivago Victor Komarovsky
2002 Framed Eddie Meyers
2004 Stiff Lionel Merricks
2004 Jessica Richard Runche
2005 The Incredible Journey of Mary Bryant Governor Arthur Phillip
2005 To the Ends of the Earth Mr. Prettiman
2005 The Triangle Eric Benerall
2006 Merlin's Apprentice Merlin
2006 Two Twisted Mick
2007 The Tudors Cardenal Thomas Wolsey 10 episodios
2008–2010 Crusoe Jeremiah Blackthorn 14 episodios
2009 Happy Town Merritt Grieves 8 episodios
2011 Ice Anthony Kavanagh
2012 Alcatraz Emerson Hauser 13 episodios

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]