Kathleen Kennedy
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1953 (71 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Estatal de San Diego Shasta High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | produtora, produtora delegada, produtora de televisión, montador |
Período de actividade | 1979 - |
Membro de | |
Compañeiro profesional | Steven Spielberg |
Familia | |
Cónxuxe | Frank Marshall (1987–) |
Fillos | Meghan Marshall |
Premios | |
|
Kathleen Kennedy, nada en Berkeley (California) o 5 de xuño de 1953,[1] é unha produtora de cinema estadounidense e presidenta de Lucasfilm. En 1981, fundou a compañía Amblin Entertainment con Steven Spielberg e Frank Marshall.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Kennedy naceu en Berkeley, California, filla de Dione Marie "Dede" Dousseau, que unha vez foi actriz de teatro, e de Donald R. Kennedy, xuíz e avogado.[2] Kennedy ten dúas irmás; a súa xemelga Connie é produtora executiva da compañía de produción virtual Profile Studios.[3] A súa outra irmá é Dana Middleton-Silberstein, presentadora de televisión e directora de comunicación do ex-gobernador de Washington Gary Locke.[2]
Kennedy graduouse de Shasta Secundaria en Redding, California, en 1971. Continuou os seus estudos na Universidade Estatal de San Diego, onde se especializou en cinema e telecomunicacións. No seu último ano, Kennedy conseguiu traballo nunha estación de televisión local de San Diego, KCST, onde asumiu diferentes papeis, incluíndo operadora de cámara, editora de vídeo, directora de planta e finalmente coordinadora de produción das noticias.[4] Despois do seu emprego en KCST pasou a producir un talk show local titulado You're On durante catro anos antes de mudarse aos Ánxeles, onde tivo o seu primeiro traballo de produción de cinema como axudante de John Milius, nese momento produtor executivo de Steven Spielberg no filme de 1979 1941. Kennedy chamou a atención de Spielberg,[5] que a contratou como secretaria persoal, asumindo cada vez máis protagonismo no proceso de realización dos filmes.[6]
Carreira
[editar | editar a fonte]Kennedy apareceu por primeira vez acreditada nun filme como produtora asociada en Raiders of the Lost Ark (1981). Posteriormente asociouse con Spielberg e Frank Marshall para crear Amblin Entertainment, unha recoñecida produtora de Hollywood.[7] Marshall acabou converténdose no seu marido e continuou a traballar con el. Con Marshall fundou outra empresa, The Kennedy/Marshall Company[8] que chegou a un acordo con DreamWorks.
En 2012 Kennedy apartouse de Kennedy/Marshall deixando o seu marido só á fronte[9][10] e entrou en Lucasfilm, sendo copresidenta con George Lucas.[11][12] O mesmo ano, a compañía Disney comprou a empresa por 4000 millóns de dólares[13] e Kennedy converteuse na presidenta de Lucasfilm[14] coa súa matriz en Disney. George Lucas continuou como asesor creativo.
Kathleen Kennedy está implicada directa ou indirectamente na produción de máis de 120 filmes candidatos aos premios Óscar.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kathleen Kennedy - Munzinger Biographie". Munzinger. Consultado o 2020-12-16.
- ↑ 2,0 2,1 "Dione Marie (Dousseau) "Dede" Kennedy (1931-2005) obituary". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 4 de febreiro de 2011.
- ↑ "Connie Kennedy profile". Internet Movie Database. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2018.
- ↑ "Kathleen Kennedy | CSU". www2.calstate.edu. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Ellison, Sarah (8 de febreiro de 2016). "Meet the Most Powerful Woman in Hollywood". Vanity Fair (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Barco, Mandalit (17 de decembro de 2015). "Kathleen Kennedy: From Standing In Line For 'Star Wars' To Producing It Herself". Consultado o 2021-03-01 – vía NPR.
- ↑ "Kathleen Kennedy - Part 2". The Kennedy/Marshall Company. Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ "About The Kennedy/Marshall Company". KennedyMarshall.com. Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ "The Kennedy/Marshall Company – About". The Kennedy/Marshall Company. 27 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2012.
- ↑ King, Susan (8 de outubro de 2012). "'E.T.': Kathleen Kennedy on Spielberg, Lucas and making of a classic". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2012.
- ↑ Lussier, Germaine. "Kathleen Kennedy Named as Co-Chair and Successor to George Lucas at Lucasfilm". slashfilm.com. /Film. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2012.
- ↑ "Lucasfilm Names Kathleen Kennedy Co-Chair As Successor To George Lucas". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2012.
- ↑ "UPDATE: BREAKING: 'Star Wars' Returns – 'Episode 7' Slated For 2015 And More Movies Planned As Disney Buys Lucasfilm". Deadline Hollywood Daily. 30 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2018.
- ↑ "Disney to Acquire Lucasfilm Ltd.". Yahoo!. 30 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "La mejor productora de cine de la historia". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kathleen Kennedy |