Saltar ao contido

Amblin Television

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Amblin Television
 Instancia de
 Forma xurídica
Implicados
Organizacións
 Forma xurídica
 Matriz
Economía e industria
 Industria
Datas
 Fundación / creación
31 de xullo de 1984 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF549145601965601320429 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: co0065354 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Amblin Television é unha produtora de televisión, división de Amblin Partners. Foi creada en 1984 por Amblin Entertainment como unha produtora para a pequena pantalla co obxectivo de producir a serie antolóxica Amazing Stories de Steven Spielberg, emitida na NBC.[1] A compañía tamén produciu series de televisión como Tiny Toon Adventures, Animaniacs, SeaQuest DSV, ER, Falling Skies e The Americans.

En 2012, DreamWorks Television, produtora de series como Spin City, Taken, Band of Brothers, The Pacific, United States of Tara, Smash e o filme de HBO All the Way, foi fusionada con Amblin Television.[2] Dende entón, a compañía combinada produciu series de televisión como The Borgias, Under the Dome, The Haunting e Roswell, New Mexico.

  1. Bennetts, Leslie (1984-07-31). "Spielberg to Produce Adventure Series for Nbc". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-08-09. 
  2. Littleton, Cynthia (19 de xuño de 2013). "Steven Spielberg: Tackling TV on His Own Terms". Variety (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]