Amblin Entertainment é unha produtora estadounidense de cine e televisión fundada polo director e produtor Steven Spielberg, xunto cos produtores de Kathleen Kennedy e Frank Marshall en 1970. A sede central da empresa atópase en Universal City, California. O nome procede dunha das primeiras curtametraxes de Steven Spielberg.