Saltar ao contido

Paínzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paínzo, millo miúdo

Mazaroca inmatura
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Panicoideae
Xénero: Setaria
Especie: S. italica
Nome binomial
'Setaria italica'
(L.) P.Beauv.
Sinonimia

Panicum italicum L.
Chaetochloa italica (L.) Scribn.

Paínzo, cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 582 kJ (378 kcal)
72.8 g
Fibra alimentaria8.5 g
4.3g
Saturadas0.7 g
Monoinsaturadas0.8 g
Poliinsaturadas2.1 g
0.1 g
2.0 g
11.0 g
VitaminasCantidade
%DV
Riboflavina (B2)
24%
0.29 mg
Niacina (B3)
31%
4.72 mg
Ácido pantoteico (B5)
17%
0.85 mg
Vitamina B6
29%
0.38 mg
Ácido fólico (B9)
21%
85 μg
Vitamina C
2%
1.6 mg
Vitamina K
1%
0.9 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
8 mg
Ferro
23%
3.0 mg
Magnesio
32%
114 mg
Manganeso
76%
1.6 mg
Fósforo
41%
285 mg
Potasio
4%
195 mg
Sodio
0%
5 mg
Cinc
18%
1.7 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga8.7 g
Cobre0.8 mg
Selenio2.7 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

O paínzo ou millo miúdo[1] (que non debe confundirse co Panicum miliaceum, ó que tamén se lle chama millo miúdo[2]), (nome científico Setaria italica) é o segundo cereal máis cultivado e o máis importante de Asia. Ten unha longa historia coma cultivo de gran fino, na China dende hai seis milenios. Noutrora era moi común en Galicia. O millo, que de feito toma o nome desta especie, foi substituíndo ao millo miúdo nos últimos séculos.

Ten talos magros, verticais, follosos, e pode acadar os 20 cm. As mazarocas son mestas, pilosas, de 5–30 cm de lonxitude. As sementes, de arredor de 2 mm de diámetro, teñen unha gluma magra, papilosa e doada de tirar; a súa cor varía notabelmente entre as variedades.

A 75 Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas, celebrada en marzo de 2021, declarou o 2023 como o Ano Internacional do Paínzo, polos beneficios que o seu cultivo pode representar en países con condicións climáticas adversas e escasa dispoñibilidade de auga [3].

Paínzo

Na China, é o cereal de gran fino máis importante, especialmente no norte pobre e seco dese país. En Europa e nas Américas plántase de xeito moderado para ensilaxe, e rara vez para alimento de aves.

É un cultivo de verán, tipicamente sementado a finais da primavera. A colleita para ensilaxe ou facer palleiros pode estar pronta en 65-70 días (típicos rendementos de 15-20 t/ha de materia verde ou 3-4 t/ha de feno seco), e para gran en 75-90 días (800–900 kg/ha de gran). É de maturación ceda e de eficiente uso da auga dispoñíbel, moi axeitado para áreas secas.

As doenzas inclúen podremias as máis das veces por fungos na folla coma Magnaporthe grisea, Ustilago crameri ou Sclerospora graminicola. Os cultivos sen colleitar son susceptíbeis aos ataques de paxaros e roedores.

Historia e domesticación

[editar | editar a fonte]

O antergo do millo miúdo identificouso coma Setaria viridis, que é interfértil co millo miúdo; e as formas bravas e invasoras do paínzo aínda existen. Zohary e Hopf notan que a diferenza primaria entre as formas bravas e a cultivada é "a súa bioloxía de espallamento de sementes. As formas bravas e invasoras fan deshicencia mentres que as cultivadas as reteñen."[4] A evidencia máis ceda do seu cultivo é da cultura Peiligang da China, que tamén cultivaban millo miúdo (Panicum miliaceum), mais sendo o paínzo menor predominante, só coa cultura Yangshao.[5]

O millo miúdo chega a Europa máis tarde; sementes carbonizadas aparecen no segundo milenio adC en Europa central. E a evidencia do seu cultivo dáse na Idade de Ferro en Tille Hoyuk en Turquía, cunha datación incorrecta de radiocarbono de 600 a. C.[6]

Foi moi común en Galicia, sobre todo na rexión litoral, medrando tamén nas leiras das montañas interiores das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. Recibía o nome de millo, que despois tomou o actual millo, que comezou a substituír o paínzo dende o século XVII. Ao antigo millo ficoulle o nome de millo miúdo. O paínzo é o que se viña cultivando e secando en hórreos e celeiros en Europa dende a antigüidade.

Confusión co millo

[editar | editar a fonte]

A orixe do millo e a súa chegada ata Europa e Galiza foi motivo de debate na historiografía do século XIX e primeiros do XX, pois había confusión nalgúns eruditos entre o antigo millo (coñecido en Europa e Galiza desde a Idade Antiga e que na actualidade recibe o nome de millo miúdo ou paínzo) con este novo millo chegado de América. Un destes eruditos foi Manuel Murguía, que persiste na confusión nun artigo de 1909[7]: "en vista de lo expuesto no extrañará nadie que aseguremos que, a nuestro juicio, el maíz fué tal vez conocido en los tiempos medios en Europa y tal vez era en Galicia".

Sementeira

[editar | editar a fonte]

Presenta precocidade, pode ser pastoreado aos 50 días de ser plantado. É produtor de forraxe de boa calidade medíndose ganancias de até 1 kg/animal/día. A época de sementeira é a finais da primavera, usando unha densidade de 12–15 kg/ha. O sistema de sementeira é con caixón de alfalfa ou con sementadora común de grans finos, en liñas a 3 dm entre si.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paínzo.
  2. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2019. 
  3. "2023. Año Internacional del Mijo" (en castelán). Consultado o 12.02.2023. 
  4. Daniel Zohary and Maria Hopf, Domestication of plants in the Old World, third edition (Oxford: University Press, 2000), p. 86
  5. Zohary and Hopf, Domestication, p. 87
  6. Zohary and Hopf, Domestication, p. 88
  7. Murguía, M. (20 de xaneiro de 1909). "¿Cuándo se generalizó el cultivo del maíz en Galicia?". Boletín da Real Academia Galega (22). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 03 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]