Saltar ao contido

Convento de Cristo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convento de Cristo
Tomar (São João Batista) e Santa Maria dos Olivais Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Composto por
 Nome orixinal
Convento de Cristo (pt) Editar o valor en Wikidata
Características
 Estilo
Cifras e dimensións
Visitantes anuais260871 (2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Patrimonio
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural   Europa-América do Norte
Data1983 (7ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador265

Monumento Nacional de Portugal
Data1910
Identificador70237
Códigos e identificadores
OpenStreetMap6826254 Editar o valor en Wikidata
VIAF150199921 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05cjy1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX4841930
Wikidata G:Commons C:Commons

O Convento de Cristo en Tomar (Portugal), pertenceu á Orde do Temple e é un dos principais monumentos da arquitectura portuguesa. Fundado en 1162 polo Gran Mestre do Temple en Portugal, Gualdim Pais, o Convento de Cristo aínda conserva recordos deses monxes cabaleiros e dos seus herdeiros no cargo, a Orde de Cristo, que fixeron deste edificio a súa sede. Baixo o infante Henrique o Navegante, mestre da orde dende 1418, foron construídos os claustros entre o deambulatorio e a fortaleza dos Templarios, pero as maiores modificacións executáronse no reinado de Xoán III de Portugal (1529-1557). Arquitectos como João de Castilho e Diogo de Arruda procuraran expresar o poder da Orde construíndo a igrexa que acadou o seu máximo esplendor na portada principal asinada por João de Castilho e as dúas fiestras da fachada occidental, a inferior de Arruda e a superior de Castilho, e os claustros, dous deles góticos e seis en estilo renacentista de deseño de João de Castilho.

Trátase dunha construción periurbana, que se atopa no acumio dun outeiro que domina a chaira onde se estende a cidade. Está arrodeado polas murallas do castelo de Tomar. Ámbolos elementos foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 30 de xuño de 1983.[1]

Hoxe en día é un espazo cultural, turístico e de devoción. A arquitectura contén elementos románicos, góticos, manuelinos, renacentistas, manieristas e barrocos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


  1. "Convent of Christ in Tomar" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ealo de Sá, Mª. Col. Alberto Luna,El arquitecto Juan de Castillo. El constructor del mundo, Etnocantabria, 2009, ISBN 97-8846-134-9357.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]