Spotify

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spotify logo.svg

Spotify é unha aplicación empregada para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.[1]

A empresa, que ten a súa sede en Estocolmo, Suecia, asinou acordos coas discográficas Universal Music, Sony BMG, EMI Music, Hollywood Records e Warner Music entre outras.[2] Spotify contaba, o 15 de setembro de 2010, con preto de dez millóns de usuarios,[3] dos que ao redor dun millón eran usuarios de pago.[4]

Notas[editar | editar a fonte]