Samsung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Samsung
Samsung wordmark.svg
Ssbld002.jpg
Sede de Samsung en Seul.
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1938
Localización Samsung Town, Seul, Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Fundador Lee Byung-chul
Industria Electrónica, industria pesada
Produtos Electrónica, buques, maquinaria
Beneficio 173.110 millóns de dólares (2012)
Número de empregados 369.000 (2011)
Páxina web samsung.com

Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas de Corea do Sur a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en xeral.

Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Fundada en Daegu, Corea do Sur, opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados. As súas vendas no ano 2003 foron de ao redor de 101.700 millóns de dólares (uns 86.200 millóns de Euros).

Samsung Electronics é recoñecida por ser unha das dez meirandes marcas de fabricantes no mundo; é especificamente a segunda maior produtora do mundo, tendo o primeiro lugar, a tamén coreana Hyundai; a cal ten á venda produtos de telecomunicacións, electrodomésticos e pantallas.

Foi a empresa que lanzou a primeira TV de plasma. Na área da electrónica, hoxe en día é a compañía con maior valor no mercado, gañándolle á xaponesa Sony.

Hoxe en día, é a empresa número 20 con maiores ganancias e as súas maiores ganancias están na venda de teléfonos celulares e chips de memoria.

Os teléfonos celulares Samsung utilizan as tecnoloxías celulares utilizadas polos principais operadores de telecomunicación móbil: CDMA, GSM e GPRS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]