Saltar ao contido

Primavera Sound

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primavera Sound
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
2001 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Implicados
 Entidades subsidiarias
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF16157159872178791710 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02pgxdz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: primaverasoundfestivals Twitter: Primavera_sound Instagram: primavera_sound Youtube: UCCEQawv6g9BaBmzHjnCICew BNE: XX5868615 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
O Parc del Fòrum

O Primavera Sound é un festival de música que se celebra entre finais de maio e principios de xuño na cidade de Barcelona. A súa primeira edición tivo lugar no 2001 no Poble Espanyol e desde o 2005 ten a súa sede no Parc del Fòrum, un recinto máis grande e á beira do mar. A fisonomía do festival (de carácter urbano e integrado na cidade) e o amplo abanico de grupos representados motivou que Primavera Sound sexa punto de encontro de artistas e espectadores de diferentes xeracións.

O festival aúna nos seus carteis as últimas propostas musicais do ámbito independente xunto a artistas de contrastada traxectoria, abarcando calquera estilo ou xénero, buscando a calidade e apostando esencialmente polo pop, o rock e as tendencias máis underground da música electrónica e de baile.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]