Saltar ao contido

Mulleres na Enxeñaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha enxeñeira traballando nunha proba de sistemas de comunicacións ópticas.

Polo xeral, as mulleres están infrarrepresentadas nos campos da enxeñaría, na academia e na profesión de enxeñaría, aínda que moitas fixeron importantes contribucións aos diversos campos da enxeñaría.[1]

A historia de mulleres como deseñadoras e construtoras de máquinas e estruturas fixo posible o desenvolvemento da enxeñaría como comercio. Con anterioridade á creación do termo "enxeñeiro", no século XI, as mulleres contribuíran ao adianto tecnolóxico de sociedade, por exemplo Hipatia de Alexandria (350 ou 370–415 ) a inventora do densímetro. No século XIX, as mulleres que participaron na enxeñaría a miúdo tiveron formación académica en matemáticas ou ciencia, como por exemplo Ada Lovelace  Nos primeiros anos do século XX, as mulleres empezaron a ser admitidas en programas de enxeñaría.

Elizabeth Bragg recibiu o grao en enxeñaría civil en 1876, converténdose na primeira enxeñeira de  Estados Unidos. [2] Con anterioridade ao século XIX era moi estraño que as mulleres obtivesen un título de enxeñaría. Algunhas universidades empezaron a admitir mulleres nas súas universidades a comezos de 1800 e a partir de mediados de século empezaron a admitilas en todos os programas académicos que inclúen enxeñaría. Entre as pioneiras destacan: Ellen Swallow Richards, Nora Stanton Blatch, Dorothy Hall Brophy, Edith Clarke, Emily Warren Roebling, Bertha Lamme Feicht, Lillian Moller Gilbreth ou Olive Dennis.

En Europa as primeiras mulleres en lograr o grao de enxeñeira foron Rita de Morais Sarmento en 1894, Agnes Klingberg e Betzy Meyer Den Polytekniske Læreanstalt en 1897, Alice Perry en 1906 e Elisa Leonida Zamfirescu en 1912. En España a primeira muller en obter o grao foi Pilar Careaga en 1929.

A entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial creou unha escaseza de persoal de enxeñaría naquel país porque os homes incorporáronse as forzas armadas. Para mitigar esta escaseza xurdiron iniciativas como a de General Electric para dar formación en enxeñaría a mulleres con graos en matemáticas e física, ou o programa Curtiss-Wright.[3] As mulleres xogaron un papel crucial en programar o ENIAC durante a Segunda guerra mundial, onde desenvolveron as bases da programación de ordenadores: crearon a primeira biblioteca de rutinas e as primeiras aplicacións de software.[4]

En Galicia cómpre sinalar o labor de pioneiras da enxeñería como Carmen Tuñón Álvarez, a primeira enxeñeira técnica naval pola Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Naval de Ferrol en 1972 e a primeira muller analista xefe en Astano, un dos estaleiros máis importantes do mundo.[5][6]

Factores da baixa participación feminina

[editar | editar a fonte]
Jeri Ellsworth
A autodidacta de computadores e inventora, Jeri Ellsworth en 2009.

Estereotipos de xénero

[editar | editar a fonte]

Os estereotipos de xénero poden contribuír á baixa representación de mulleres en enxeñaría. Nunha idade temperá, as mozas non expresan o mesmo nivel de interese en enxeñaría como mozos, posiblemente debido  aos roles de xénero[7]

Índices de enxeñeiras nos distintos graos 

[editar | editar a fonte]

As mulleres son minoría nos estudos de enxeñaría. O grao de disparidade varía dependendo da enxeñaría. As mulleres tenden a interesarse máis en enxeñaría agrícola e ambiental. Están, polo tanto, ben representadas en programas ambientais e biomédicos, recibindo 40-50% dos graos que outorgou Estados Unidos en 2015. Porén, as mulleres obteñen menos graos en enxeñaría mecánica, eléctrica e informática.[8]

En España hai poucas rapazas cursando carreiras relacionadas coa enxeñaría, industria e construción (28,5%) ou en Informática (12,9%).[9] En Galicia a situación é similar,[10] e varía dependendo da enxeñaría.[11][12]

Cultura de enxeñaría

[editar | editar a fonte]

Outra razón posible para explicar a baixa participación feminina en campos de enxeñaría é a prevalencia dos valores masculinos nos lugares de traballo propios das enxeñarías.

A comunicación tamén pode contribuír á división entre homes e mulleres no lugar de traballo.

Outro factor prexudicial é a falta de referentes femininos neste ámbito. Se pensamos en mulleres enxeñeiras que contribuíron a cambiar o mundo no que vivimos, cantas somos capaces de citar de forma espontánea? Sen dúbida, existen destacadas achegas científicas das mulleres, pero o seu traballo foi descoñecido e silenciado durante décadas. Se damos visibilidade a todas estas mulleres, as adolescentes contarán con referentes femininos que lles servirán de exemplo e inspiración.[13] En Lugo para visibilizar as mulleres no ámbito da enxeñería puxeron en marcha o Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñería e Muller Rural, convocado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

Organizacións profesionais que promoven mulleres en enxeñaría

[editar | editar a fonte]
Organización País
African Women in Science and Engineering Arquivado 11 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. (AWSE) Kenya, Tanzania, Uganda
AnitaB.org Global
Association of Francophone Women in STEM (AFFESTIM) Canadá
Association of Korean Women Scientists and Engineers República de Corea
Association of Professional Women Engineers of Nigeria (APWEN) Arquivado 29 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Nixeria
Association of South African Women in Science and Engineering Suráfrica
Associazione Italiana Donne Ingegneri e Architetti (AIDIA) Italia
Codette Romanía
German Association of Women Engineers Alemaña
AMIT España
Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) Women in Engineering
Global
Rede Internacional de Mulleres Enxeñeiras e Científicas do Xapón (INWES Xapón) Xapón
Ontario Rede de Mulleres en Enxeñaría Canadá
Robogals Australia, Reino Unido, USA, Suráfrica, Canadá, Xapón, Filipinas
Society of Women Engineers Estados Unidos
Stemettes Reino Unido
Vietnam Association for Intellectual Women Vietnam
SENSATO Reino Unido
Africa Gong África
Women in Aviation Estados Unidos
Women in Building Services Engineering Reino Unido
Women In Engineering ProActive Network Estados Unidos
Women in Engineering Student Society Reino Unido
Women in Science & Engineering (WiSE) Estados Unidos
Women in Science, Technology, Engineering and Mathematics (WSTEM) Mongolia
Women in SET Reino Unido
Women in Technology International Global
Women's Engineering Society Reino Unido
Women of STEM Estados Unidos
World Federation of Engineering Organisations Committee for Women in Engineering Global
  1. The Underrepresentation of Women in Engineering and Related Sciences: Pursuing Two Complementary Paths to Parity (en inglés). National Academies Press (US). 
  2. "History of Women Engineers". Society of Women Engineers. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  3. Bix, Amy Sue, "'Engineeresses' Invade Campus: Four decades of debate over technical coeducation." IEEE Technology and Society Magazine, Vol. 19 Nr. 1 (Spring 2000), 21.
  4. "Las chicas del ENIAC (1946-1955) | Ciencia y más". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-09-29. Consultado o 2020-02-06. 
  5. "La única jefa entre 6.000 hombres Carmen Tuñón Álvarez fue la primera ingeniera naval de Astano en 1972". Consultado o 10-2-2020. 
  6. "Mujeres Pioneras" (PDF). Consultado o 10-2-2020. 
  7. Hill; Corbett; St. Rose (2010). "Why So Few?: Women in Science, Technology, Engineering and Mathematics" (PDF). AAUW. 
  8. Yoder, Brian L. (2015). "Engineering by the Numbers" (PDF). American Society for Engineering Education. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2020. 
  9. "Igualdad en cifras MEFP 2020". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-04-03. Consultado o 2020-04-12. 
  10. Santamaría, Olaya Queiruga; González, María del Carmen Santos (2019). "Análise comparada do sistema universitario galego e a presenza das mulleres no mesmo". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, páxs. 49-60 (Universidade de Santiago de Compostela): 49–60. ISBN 978-84-9749-758-9. 
  11. González, María Asunción Longo; Herva, Francisco Javier Deive (2019). "Algunas consideraciones sobre la distribución por género en los estudios de ingenieria industrial en la Universidad de Vigo". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, páxs. 149-158 (Universidade de Santiago de Compostela): 149–158. ISBN 978-84-9749-758-9. 
  12. Rial, María Asunción Lorenzo; Lires, Francisco Javier Álvarez; Lires, María Mercedes Álvarez; Marzoa, José Francisco Serrallé (2016). "La amenaza del estereotipo: elección de estudios de ingeniería y educación tecnocientífica". Opción: Revista de Ciencias Humanas y Sociales (Extra 9): 54–76. ISSN 1012-1587. 
  13. Tena, Marta (5 de marzo de 2018). "Ingenieras, la paradoja de la igualdad, por Marta Tena". elperiodico (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2018.