Bertha Lamme Feicht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBertha Lamme Feicht

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Bertha Lamme Editar o valor em Wikidata
16 de decembro de 1869 Editar o valor em Wikidata
Município de Bethel, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Pittsburgh, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Homewood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio (–1893)
Olive Branch High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWestinghouse Electric Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBenjamin Garver Lamme (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Bertha Lamme Feicht, nada en Bethel (EE UU) o 16 de decembro de 1869 e finada o 20 de novembro de 1943, foi unha enxeñeira estadounidense. En 1893, converteuse na primeira muller en recibir unha licenciatura en enxeñaría, graduándose na Universidade Estatal de Ohio.[1]. Considérase que é a primeira muller estadounidense en graduarse nunha disciplina de enxeñaría principal distinta á enxeñaría civil.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bertha Lamme traballando cun compás (1892)
Diploma de Bertha Lamme emitido pola Universidade Estatal de Ohio

Bertha Lamme naceu na granxa da súa familia na localidade de Bethel, preto de Springfield (Ohio).[3] Despois de graduarse na Olive Branch High School en 1889, seguiu os pasos do seu irmán, Benjamin G. Lamme e inscribiuse na Universidade Estatal de Ohio ese mesmo outono.[2]

Graduouse en 1893 co título de enxeñaría mecánica na especialidade eléctrica.[1][3] A súa tese de graduación titulouse "Unha análise de probas dun xerador ferroviario de Westinghouse". O xornal estudantil informou que se produciu unha ovación espontánea cando recibiu o seu diploma.

Pouco despois foi contratada pola Westinghouse[2] como a súa primeira enxeñeira.[4] Traballou alí ata que casou con Russell S. Feicht, o seu supervisor e tamén ex alumno da Universidade Estatal de Ohio, o 14 de decembro de 1905.[3]

Tivo unha filla, Florence, nada en 1910, que se converteu en física da Oficina de Minas de EE UU.[2]

Bertha Lamme Feicht morreu en Pittsburgh o 20 de novembro de 1943 e foi enterrada no Cemiterio Homewood.[2] O seu esposo Russell morreu en abril de 1949.[4]

Legado[editar | editar a fonte]

  • Algúns dos seus efectos persoais, incluídos a súa regra de cálculo, regra T e o seu diploma, atópanse depositados nas coleccións do Centro de Historia Heinz de Pittsburgh.[2][3]
  • A Fundacióm Educativa Westinghouse, xunto coa Sociedade de Mulleres Enxeñeiras, crearon unha bolsa na súa memoria no ano 1973.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Twelve Days: Bertha Lamme was first female engineering grad". The Ohio State University. 18 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Let's Learn From the Past: Bertha Lamme". Pittsburgh Post-Gazette. 1 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Female engineer not quite lost to history.". 30 de xuño de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Westinghouse Official Dies in Retirement". Pittsburgh, Pennsylvania. 23 de abril de 1949. 
  5. Changing Our World: True Stories of Women Engineers (Google Book). Reston, Virginia: American Society of Civil Engineers. ISBN 0-7844-0841-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]