Saltar ao contido

Lillian Moller Gilbreth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLillian Moller Gilbreth

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lillie Evelyn Moller Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1878 Editar o valor en Wikidata
Oakland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Phoenix, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley
Universidade Brown
Oakland High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXestión científica, psicoloxía e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeira industrial, empresaria, inventora, enxeñeira mecánica, escritora, mestra, fotógrafa, psicóloga, enxeñeira Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison
Universidade Purdue Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFrank Bunker Gilbreth Editar o valor en Wikidata
FillosErnestine Gilbreth Carey, Frank Bunker Gilbreth, Jr., Robert Moller Gilbreth Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteWomen In Science, (p.36-37) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Moller-1409 Find a Grave: 30391704 Editar o valor en Wikidata

Lillian Moller Gilbreth, nada en Oakland, California (EUA) o 24 de maio de 1878 e finada en Phoenix, Arizona o 2 de xaneiro de 1972, foi unha psicóloga estadounidense, cuxos traballos se desenvolveron principalmente na área de enxeñaría industrial.[1] Foi unha das primeiras mulleres enxeñeiras que obtivo un doutoramento, e, posiblemente, a primeira verdadeira psicóloga industrial/organizacional.[2]

Ela e o seu esposo, Frank Bunker Gilbreth, eran expertos en eficiencia e contribuíron ao estudo de enxeñaría industrial en campos como o do movemento e os factores humanos[3]. Os libros Cheaper by the Dozen e Belles on their toes (escrita polos seus fillos Ernestine e Frank Jr.) narran a historia da súa vida familiar cos seus doce fillos e describen como aplican o seu interese no estudo de movemento e de tempo para a organización e as actividades diarias dunha familia tan extremadamente grande.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Un dos principais empregos que tivo durante a súa carreira foi o de asesora económica oficial dos presidentes Herbert Hoover, Franklin Delano Roosevelt, Dwight D. Eisenhower, John Fitzgerald Kennedy e Lindon Johnson, con este último traballou en defensa civil, produción de material bélico e rehabilitación de feridos.[4]

Lillian inventou tamén obxectos como o cubo de lixo de pedal e os estantes da porta da neveira. Foi a primeira muller en ser elixida para a Academia Nacional de Enxeñería.[1]

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Existe unha exposición permanente nunha sala dedicada exclusivamente ao matrimonio Gilbreth, no Museo Smithsonian (parte do Instituto Smithsonian, en Washington D.C.) na sección de Historia Americana (estadounidense, especificamente) e o seu retrato colga no National Portrait Gallery.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]