Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñería e Muller Rural é convocado desde 2016 pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPS) do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa é promovida desde a Comisión de Igualdade de Xénero da EPS de Enxeñaría de Lugo para dar visibilidade ao traballo que desenvolven as mulleres no ámbito das enxeñarías.[1]

O obxectivo é premiar os Traballos Fin de Grao das titulacións de Enxeñaría de Lugo asinados por alumnas (Modalidade A) ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural (Modalidade B).[2]

Traballos premiados[editar | editar a fonte]

Edición Modalidade A Modalidade B
V
  • Desenvolvemento e optimización de sistemas construtivos celulares innovadores para a construción sostible (LIFE EcoTimberCell). Daniela Lourenço.[1]
IV
  • Aplicación de sistemas de xestión de bases de datos para a selección da localización óptima dun polígono de arrecifes artificiais tipo verde-PROARR na Ría de Ares y Betanzos. Andreina Mitsai Vargas Carrión [2]
  • Instalacións accesorias para centro ecuestre no Concello de Culleredo. Ángela Fernández Piñeiro[2]
III
  • Proposta pasarela peonil sobre a Nacional 547 ao seu paso por O Pino (A Coruña), de Cristina Vila Paz[3]
  • O proxecto dunha adega no parque empresarial de Mos (Pontevedra), de Gabriela del Valle Bugallo González[3]
II
  • María Nerea Fernández Canto[4]
Proxecto de reforma dunha explotación porcina de destete para 5791 cabezas en O Coto, Toques’. Ismael Moeda Doval.
I
  • Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental-Ampliación de Explotación de Porcino. Verónica Gómez[5]
  • Ampliación e reforma dunha explotación de vacún de carne en réxime simiextensivo no lugar de A Carqueixeda, Samos, Lugo. Alberto Santín[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "A memoria da primeira enxeñeira agrónoma de Galicia revive no Campus de Lugo". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-10-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Premios contra a fenda de xénero". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-10-04. 
  3. 3,0 3,1 "Os III Premios ‘Enxeñaría e Muller Rural’ apostan pola empregabilidade feminina e a redución da sinistralidade viaria | Campus Terra". www.usc.gal. Consultado o 2021-10-17. 
  4. "As enxeñerías e o medio rural, territorios ‘masculinizados’ | Campus Terra". www.usc.gal. Consultado o 2021-10-04. 
  5. "A Alcaldesa felicita á Escola Politécnica polo primeiro concurso de traballos de fin de grao de enxeñaría agrícola, que da visibilidade o papel da muller no rural | Concello de Lugo". concellodelugo.gal. Consultado o 2021-10-04. 
  6. "O I Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural da EPS distingue a Verónica Gómez e Alberto Santín". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-10-04.