Carmen Tuñón Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Tuñón Álvarez
Nacemento1949
Lugar de nacementoFerrol
Ocupaciónenxeñeira
editar datos en Wikidata ]

Carmen Tuñón Álvarez, nada en Ferrol en 1949,[1] é unha enxeñeira naval, primeira enxeñeira técnica pola Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Naval de Ferrol e primeira muller analista xefe en Astano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carmen Tuñón pertence a unha familia de tradición mariñeira.[2] En 1966 matriculouse nos estudos de Enxeñería Técnica Naval na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol onde realizou a especialidade de “monturas”.[1][3] No ano 1972 finalizou a súa formación e empezou a traballar no estaleiro de Fene. Neste estaleiro desenvolveu a súa carreira profesional durante 33 anos, sendo a primeira muller en ocupar o cargo de analista xefe.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 2014 foi homenaxeada polo Concello de Ferrol como pioneira do sector naval.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mujeres Pioneras" (PDF). Consultado o 10-2-2020. 
  2. Ferrol, Diario de. "“Cuando me contrataron estaba embarazada, hoy esto es casi impensable”". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  3. "Ellas fueron las primeras". VA DE BARCOS (en castelán). 2020-11-07. Consultado o 2021-01-22. 
  4. Bustabad, Lorena (2014-03-07). "La única jefa entre 6.000 hombres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-22. 
  5. "El Concello de Ferrol homenajea a la primera ingeniera técnica naval". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  6. L, Redacción. "Homenajeada Maria del Carmen Tuñón Álvarez en el Día Internacional de la Mujer". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]