Emily Warren Roebling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmily Warren Roebling

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Cold Spring, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Trenton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Georgetown Visitation Preparatory School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEngineer's degree (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeira civil , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWashington Augustus Roebling (pt) Traducir (1865–) Editar o valor em Wikidata
FillosJohn August Roebling II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGouverneur Kemble Warren (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Warren-7393 Find a Grave: 9190747 Editar o valor em Wikidata

Emily Warren Roebling, nada en Cold Spring (Estados Unidos de América) o 23 de setembro de 1843 e finada en Trenton o 28 de febreiro de 1903, é coñecida pola súa decisiva contribución á conclusión da Ponte de Brooklyn. Emily converteuse de feito na enxeñeira xefe da obra, despois de que o seu marido Washington Roebling enfermase durante a construción da ponte. .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emily era a segunda filla máis pequena da parella formada por Sylvanus e Phoebe Warren.[1] O interese de Emily en educarse foi apoiado polo seu irmán máis vello Gouverneur K. Warren. Ambos tiveron sempre unha relación próxima.[2]

En 1864, durante a Guerra de Secesión, Emily visitou o seu irmán no seu cuartel xeral. Alí coñeceu a Washington Roebling, fillo do deseñador da Ponte de Brooklyn, John Augustus Roebling, quen era un enxeñeiro civil.[3] Emily e Washington namoráronse inmediatamente e casaron o 18 de xaneiro de 1865.[4]

Cando John Roebling empezaba o seu traballo na Ponte de Brooklyn, os recentemente casados viaxaron a Europa para estudar o uso de pozos de cimentación para a ponte[3]. En novembro de 1867, Emily deu a luz ao único fillo da parella, John A. Roebling II.[4]

A ponte de Brooklyn[editar | editar a fonte]

Arcos e cableado da Ponte de Brooklyn.

Ao regresar dos seus estudos en Europa, Emily e Washington foron recibidos cunha mala noticia: o pai de Washington morrera de tétanos e este fíxose cargo inmediatamente da construción da ponte.[3] Mentres traballaba no proxecto, Washington desenvolveu a síndrome de descompresión, debido ao uso pioneiro de caixóns pneumáticos para a cimentación da ponte, cando aínda se descoñecían os efectos perniciosos da sobrepresión sobre o organismo humano, que lle afectou tanto que quedou prostrado en cama.[5][6] Foi neste momento cando Emily converteuse na "primeira muller enxeñeira de campo", facéndose cargo da finalización da ponte.[4]

Sendo a única persoa que visitaba ao seu marido durante a súa enfermidade, Emily pasaba información de Washington aos seus axudantes e informaba o progreso do traballo na ponte. Así desenvolveu un gran coñecemento sobre resistencia de materiais, análises de tensións, construción de cables de aceiro e cálculo de curvas catenarias, mediante os ensinos de Washington.[7] O coñecemento de Emily foi complementado polo seu interese previo e o seu estudo da construción de pontes desenvolvido logo da designación do seu marido como Enxeñeiro Xefe. Durante os catorce anos seguintes, a dedicación de Emily á finalización da ponte de Brooklyn foi incesante. Fíxose cargo da maioría das responsabilidades do enxeñeiro xefe, incluíndo supervisión diaria e manexo de proxectos. Emily e o seu marido planificaron en conxunto a construción continua da ponte. Ela lidou con políticos, enxeñeiros rivais e todos aqueles asociados ao traballo na ponte, até o punto de que a xente cría que era ela quen deseñara a ponte.[4]

En 1882, o título de enxeñeiro xefe do seu marido correu perigo debido á súa enfermidade. Para que puidese mantelo, Emily asistiu a reunións de enxeñeiros e políticos para defender ao seu marido. Para alivio de ambos, os políticos responderon ben aos discursos de Emily e permitíuselle a Washington seguir sendo o enxeñeiro xefe da ponte de Brooklyn.

Con Washington sendo aínda xefe, a ponte foi finalmente completado en 1883. Antes da inauguración oficial, levando un galo como signo de vitoria, Emily Roebling foi a primeira en cruzar a ponte en carruaxe.[8] Na cerimonia de inauguración, Emily foi honrada nun discurso promulgado por Abram Stevens Hewitt, quen dixo que a ponte "era un monumento á sacrificada devoción dunha muller e á súa capacidade para a educación superior, da cal fora longamente exluida".[9]

Actualmente, a Ponte de Brooklyn ten unha placa dedicada á memoria de Emily, o seu marido e o seu sogro.[9]

Despois da conclusión da ponte, a familia Roebling mudouse a Trenton, Nova Jersey. Alí, Emily participou en organizacións sociais como a Sociedade de Socorro durante a Guerra hispano-estadounidense e formou parte do Board of Lady Managers for New Xersei (Consello de mulleres administradoras para Nova Jersey) durante a Exposición Mundial Colombina de Chicago.[10] Tamén realizou moitas viaxes; en 1896 foi presentada á raíña Vitoria e estivo en Rusia para a coroación de Nicolao II de Rusia.[9] Tamén continuou a súa educación e recibiu un título en leis na Universidade de Nova York.[11] Até a súa morte o 28 de febreiro de 1903, pasou o resto da súa vida xunto á súa familia e mantívose social e mentalmente activa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roebling, Emily Warren: "Notes on the Warren Family" in the Appendix, p. 446, "The Journal of the Reverend Silas Comfort", Lippincott, Philadelphia, 1903
  2. Weingardt, Richard: "Engineering Legends: Great American Civil Engineers", p. 56.
  3. 3,0 3,1 3,2 Petrash, Antonia: "More than Petticoats: Remarkable New York Women", p. 80.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Logan, Mary: "The Part Taken by Women in American History", p. 297.
  5. Petrash, Antonia: "More than Petticoats: Remarkable New York Women", p. 83.
  6. Butler WP (2004). "Caisson disease during the construction of the Eads and Brooklyn Bridges: A review" 31 (4). PMID 15686275. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2009. 
  7. Weingardt, Richard: "Engineering Legends: Great American Civil Engineers", p. 58.
  8. David McCullough. Brave Companions: Portraits in History. Simon & Schuster, 1992. ISBN 0-671-79276-8. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Historical Marker Database Photo of Emily Warren Roebling plaque
  10. Logan, Mary: "The Part Taken by Women in American History", p. 298.
  11. Petrash, Antonia: "More than Petticoats: Remarkable New York Women", p. 88.