Elizabeth Bragg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElizabeth Bragg
Biografía
Nacemento23 de abril de 1858 Editar o valor em Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1929 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , científica Editar o valor em Wikidata

Elizabeth Bragg, nada en San Francisco o 23 de abril de 1854 e finada o 10 de novembro de 1929, é unha enxeñeira estadounidense. Foi a primeira muller en obter o título de enxeñaría civil dunha universidade norteamericana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criada no seo dunha familia burguesa, Elizabeth Bragg foi unha dos nove fillos de Robert Bragg e Mary Bragg, de Philbrook. O seu pai era un importante construtor de barcos en San Francisco. Tres dos seus irmáns entraron no negocio familiar, mentres Elizabeth e as súas irmás estudaron unha carreira universitaria en ciencia ou enxeñaría.[2]

En 1876, Elizabeth Bragg licenciouse en enxeñería civil pola Universidade de California en Berkeley. Converteuse así na primeira estadounidense que obtivo o título de enxeñeira.[3][4]

En 1888 casou con George Cumming, enxeñeiro civil da Compañía Ferroviaria do Pacífico Sur. Elizabeth Bragg nunca traballou como enxeñeira.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bix, Amy (2014). Girls Coming to Tech: A History of American Engineering Education for Women. 
  2. "What’s it like to be a woman working in the energy industry?". Consultado o 28 outubro 2018. 
  3. "Women’s History Month: Take Our Quiz". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 28 outubro 2018. 
  4. "Women In Engineering: Inspired to Wired". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2020. Consultado o 28 outubro 2018. 
  5. "10 Female Engineers Who Helped Pave the Way". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 28 outubro 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]