Elisa Leonida Zamfirescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Elisa Leonida Zamfirescu
Elisa Leonida Zamfirescu.jpg
Nome completo Elisa Leonida Zamfirescu
Nacemento 10 de novembro de 1887
  Galați
Falecemento 25 de novembro de 1973
  Bucarest
Nacionalidade Romanía
Educada en Universidade de Berlín
Ocupación enxeñeira e mestra
Irmáns Gheorghe Leonida
editar datos en Wikidata ]

Elisa Leonida Zamfirescu, nada en Galati o 10 de novembro de 1887 e finada en Bucarest o 25 de novembro de 1973, foi unha enxeñeira romanesa e a primeira muller do mundo en chegar a selo[Cómpre referencia].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de acabar o instituto tentou inscribirse no Escola de Pontes e Camiños de Bucarest, pero foi rexeitada debido aos prexuízos sexistas. Marchou a Berlín, e en 1909 inscribiuse na Universidade Técnica de Berlín, en Charlottemburg, onde se graduou en 1912. Tras ser rexeitada, o decano tratou de convencela de que renunciase, citando «os tres K» -kirche, kinder, küche (igrexa, nenos, cociña)- que definían o perfil da muller naquela época.

Os directores da Academia estaban ante unha situación nova: era a primeira candidata da historia da Academia, pero escribía e falaba perfectamente o alemán, tiña coñecementos sobresaíntes de matemáticas, física e química. Finalmente, aceptárona. Tal vez importou o feito de que o seu irmán, Dimitrie Leonida, tamén era estudante da Academia. Con todo, os seus compañeiros ignorábana. A historia di que un dos seus profesores, ao vela na sala de clases, gritou «A cociña é o lugar das mulleres, non a Politécnica»[Cómpre referencia].

Elisa non cambiou de idea e en 1912 graduouse con honras, o decano denominouna «a máis dilixente dos dilixentes», e converteuse así na primeira muller enxeñeira do mundo.

Foi directora dos laboratorios do Instituto Xeolóxico de Rumania e, ao mesmo tempo, desempeñou labores de profesora de física e química na Escola de nenas "Pitar Moș". Ela foi a primeira muller membro de AGIR (Asociación Xeral de Enxeñeiros en Rumania) e foi parte da Asociación Internacional de Mulleres Universitarias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]