Morcego das hortas
Morcego das hortas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Eptesicus (Eptesicus) serotinus (Schreber, 1774) | |||||||||||||||||||||
Mapa de distribución de E. serotinus
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O morcego das hortas (Eptesicus serotinus) é unha especie de morcego da familia Vespertilionidae.
Descrición[editar | editar a fonte]
Morcego de talle grande e pelo monocor co lombo pardo escuro e o bandullo máis claro, os máis novos son de cor agrisada. Orellas triangulares e curtas, as membranas das ás insérense na base dos pés. As femias son maiores cós machos, teñen unha medida de corpo entre 46 e 55 mm e un peso entre 17 e 28 gramos. A súa fórmula dentaria é .
Distribución[editar | editar a fonte]
Preséntase na maior parte de Europa, da Península Ibérica, no sur de Inglaterra, sur de Suecia e nos Países Bálticos, no centro de Rusia, sur dos Urais e no Cáucaso, Noroeste de África, Cirenaica, Illas Mediterráneas, Turquía, Líbano, Israel, Siria, Irán, Afganistán, Casaquistán, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Mongolia, China, Península de Corea, Taiwan, Himalaia do noroeste de India, Tailandia até Laos polo leste; e talvez na África subsahariana. En España localízase en Castela e León, no norte de Castela-A Mancha, Val do Ebro e País Vasco. No resto tras unha diferenciación recente, utilizando técnicas moleculares, comprobouse a existencia da nova especie, Eptesicus isabellinus, antes unha subespecie de E. serotinus, e que ocuparía as zonas máis termofilas da Península e norte de África.
Hábitat[editar | editar a fonte]
Morcego preferentemente fisurícola, preferentemente en rochas e en moita menos proporción ocos de árbores, están adaptados ás fendas de todo tipo de construcións humanas. Prefire zonas baixas, aínda que se atopou até os 1.800 m na Serra das Neves, (Málaga).
Ameazas[editar | editar a fonte]
A selaxe inaxeitada das xuntas de dilatación das infraestruturas e edificios utilizados como refuxio levan a desaparición das colonias. Nalgúns países poténcianse as poboacións dispondo fendas axeitadas en obras públicas (pontes, viadutos etc.).
Patoloxías[editar | editar a fonte]
É o principal portador, na saliva, dun virus rábico denominado EBL1, (European bat Lyssavirus). En gromos infecciosos virulentos a mortalidade pode verse aumentada un 30% por mor da enfermidade.
Os casos de transmisión da enfermidade da rabia a mamíferos non morcegos, incluído o home, son moi raros, malia iso débese evitar o contacto coa especie.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morcego das hortas |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego das hortas |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- SIMMONS, N. B. Order Chiroptera. In: WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (Eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3. ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2005. v. 1, p. 312-529.
- Godlevska, L., Kruskop, S.V. & Gazaryan, S. 2021. Eptesicus serotinus (amended version of 2020 assessment). The IUCN Red List of Threatened Species 2021: e.T85199559A195834153. https://dx.doi.org/10.2305/IUCN.UK.2021-1.RLTS.T85199559A195834153.en. Consultado o 6 de outubro de 2021
- Eptesicus serotinus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).(en inglés)
- Eptesicus serotinus(en castelán) no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.