Árbol, Vilalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árbol
Igrexa de Árbol, Vilalba.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloVilalba[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°17′23″N 7°32′30″O / 43.28972222, -7.54166667Coordenadas: 43°17′23″N 7°32′30″O / 43.28972222, -7.54166667
Poboación428 hab. (2020)
Entidades de poboación31[1]
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE[2], en 2020 tiña 428 habitantes (199 homes e 229 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Historia[editar | editar a fonte]

No Arquivo Diocesano de Mondoñedo consérvase a acta da visita pastoral ao Couto de Árbol realizada en 1614 por Benito Méndez de Andrade. Nese documento márcase a poboación do Couto de Árbol en 97 vasalos e cóntase que a ermida, dedicada a Santo Estevo, estaba a ser reedificada grazas ás esmolas deixadas polos homes e mulleres que cada venres acudían a feira que se celebraba nas súas inmediacións.

No Catastro de Ensenada descríbese[3] a parroquia de Árbol dividida en dous territorios: o maior ocupaba arredor de catro quintas partes e achábase baixo a xurisdición do condado de Vilalba; o menor ocupaba só a quinta parte restante e formaba o Couto de Árbol, pertencente á antiga provincia de Betanzos e baixo a xurisdición do deán e do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Estes nomeaban como administrador directo un xuíz. No momento da realización do Catastro cítase nese cargo a Francisco de Leiras.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Árbol entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Árbol[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Árbol no concello de Vilalba (Lugo)

O Barreiro | Carregal de Abaixo | Carregal de Arriba | Os Castros | Caxigueira| O Couto | Os Currás | Embendo | Espiñarido | Espiñeiro | Fieitosa | O Fondal | Fondomar | Fontela | A Fraga Alta | Gardado | Gomenlle | A Lama | Lamas | A Lamela | O Monte do Couto | Morcelle | Moscarán | As Paredes | Pegos | Picoi | Ramonde | Rañal | Regovide | O Santo | Ximarás

Parroquias de Vilalba[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Vilalba

Alba (San Xoán) | Árbol (San Lourenzo) | Belesar (San Martiño) | Boizán (Santiago) | Carballido (Santa María) | Codesido (San Martiño) | Corvelle (San Bartolomeu) | Distriz (San Martiño) | Goiriz (Santiago) | Gondaísque (Santa María) | Insua (San Bartolomeu) | Ladra (San Salvador) | Lanzós (San Martiño) | Lanzós (San Salvador) | Mourence (San Xiao) | Nete (San Cosme) | Noche (San Martiño) | Oleiros (San Mamede) | Rioaveso (San Xurxo) | Román (Santalla) | Samarugo (Santiago) | San Simón da Costa (San Simón) | Sancovade (Santiago) | Santaballa (San Pedro) | Soexo (Santa María) | Tardade (Santa María) | A Torre (Santa María) | Vilalba (Santa María) | Vilapedre (San Mamede) | Xoibán (San Salvador)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  3. "MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE - Portal de Archivos Españoles". pares.mcu.es. Consultado o 2022-08-13. 
  4. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]