Minsk
Мінск (be) Менск (be) | |||||||
Himno | Anthem of Minsk (en) (24 de outubro de 2001) | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||
| |||||||
Estado | Belarús | ||||||
Enclave en | Rexión de Minsk | ||||||
Capital de | |||||||
Contén a división administrativa | Frunzyenski District (en) Kastrychnitski District (en) Lyeninski District (en) Maskowski District (en) Partyzanski District (en) Pyershamayski District (en) Savyetski District (en) Tsentralny District (en) Zavodski District (en) | ||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 1.992.862 (2024) (4.866,57 hab./km²) | ||||||
Lingua oficial | Lingua belarusa lingua rusa | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 409,5 km² | ||||||
Bañado por | Nyamiha River (en) , Svislach River (en) , Loshytsa (en) , Sliepnia (en) , Cna river (en) , Myška (en) , Traścianka (en) , Piarespa (en) e Dražnia (en) | ||||||
Altitude | 280 m | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
Órgano executivo | Minsk City Executive Committee (en) | ||||||
• Chairman of the Minsk City Executive Committee (en) | Uladzimir Kukharau (pt) (2020–) | ||||||
Órgano lexislativo | Q27919241 , | ||||||
Membro de | |||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 220001–220141 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 817 | ||||||
ISO 3166-2 | BY-HM | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Páxina web | minsk.gov.by | ||||||
Minsk (en belaruso: Менск ou Мінск; en ruso: Минск; en polaco: Mińsk) é a capital e cidade máis grande de Belarús. Está situada no centro do país, e está atravesada polos ríos Nyamiha e Sviloch. É a sede administrativa da Comunidade de Estados Independentes (CEI).
A cidade ten unha extensión de 348 km² na que habitaban un total de 1 907 700 persoas en 2013.[1]
Como capital do Estado, Minsk ten un status administrativo especial dentro de Belarús e é ademais a capital da rexión de Minsk e do distrito homónimo.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras referencias históricas da cidade datan do século XI (1067), cando é nomeada como cidade provincial no principado de Polotsk. O asentamento desenvolveuse nos ríos que o atravesan. No ano 1242, Minsk converteuse en parte do Gran Ducado de Lituania e recibiu o título de cidade en 1499.
Desde 1569 foi a capital do Voivodato de Minsk, na República das Dúas Nacións ou Mancomunidade de Polonia-Lituania. En 1793 foi unha das rexións anexionadas polo Imperio ruso como consecuencia da Segunda partición de Polonia.
Gran parte da cidade foi destruída como consecuencia dos bombardeos da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial. En efecto, durante a invasión alemá á Unión Soviética en 1941 (Operación Barbarroxa), Minsk foi invadida de inmediato. A cidade foi bombardeada polos alemáns desde o primeiro día da guerra e foi invadida catro días máis tarde. Os nazis converteron a cidade no centro administrativo do Reichskommissariat Ostland e comezaron a reprimir duramente a poboación, especialmente a comunista e a xudía. Un gueto xudeu de cen mil acodes foi construído en Minsk. A cidade foi reconquistada polos soviéticos o 3 de xullo de 1944. Ao final da guerra, cerca do 80% da cidade estaba en ruínas. Minsk foi reconstruída ao estilo soviético.
Nos últimos anos da década de 1980, o accidente de Chernóbil tocou unha gran parte do sueste do país, o acceso a algunhas zonas aínda está restrinxido. A cidade foi capital da República Socialista Soviética de Belarús desde 1919 ata 1991, cando pasou a ser a capital da República de Belarús.
Actualmente Minsk é unha gran metrópole cunha arquitectura predominante da época soviética, aínda que tamén con edificios modernos que datan de despois da caída da Unión Soviética.
O 11 de abril de 2011 Atentado bomba nun metro na cidade de Minsk, Belarús mata 12 persoas e deixa 204 feridos.
O 78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Segundo a lenda, un xigante chamado Menesk ou Mincz tiña un muíño sobre as ribeiras do río veciño á cidade. Alí moía as pedras para facer os pans cos que alimentaba aos seus guerreiros. O nome de "Minsk" quizais procede da palabra belarusa Mensk, que deriva da palabra мена (miena 'cambio, cambiar', en galego), baseada na longa historia comercial da cidade.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Minsk está situada na ladeira sueste dos outeiros homónimos, unha sección de outeiros cuxa dirección vai desde o suroeste na cunca alta do río Niemen, ao nordeste de Belarús, no lago Lukomsko ao noroeste. A altitude media da cidade é de 220 metros sobre o nivel do mar. A xeografía de Minsk formouse durante as dúas eras glaciais máis recentes. O río Sviloch, que flúe a través da cidade desde o noroeste ao suroeste, está no Urstromtal, un antigo val fluvial formado pola auga que flúe das capas de xeo de fusión a finais da última Idade do xeo.
O desenvolvemento orixinal da cidade foi nos devanditos outeiros, o que permitiu a fácil construción de fortificacións para a defensa. Porén, no século XX, creceu en dirección sueste incluíndo as chairas relativamente planas dos arredores. A parte occidental da cidade é a máis montañosa.
O ecosistema predominante na cidade, ao igual que no resto do país é o Bosque temperado de frondosas, presente especialmente no norte e o leste da mesma. Co crecemento da metrópole, algúns dos bosques orixinais foron preservados en parques, como por exemplo o Parque Chelyuskinites.
Clima
[editar | editar a fonte]Minsk ten un clima continental húmido (Köppen Dfb), debido a súa localización entre a influencia do aire húmido do océano Atlántico e o aire seco da masa continental euroasiática. O clima é inestable e tende a cambiar con frecuencia. A temperatura media en xaneiro é de -4,5 °C, mentres que en xullo é 18,5 °C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -40 °C o 17 de xaneiro de 1940, e a máis cálida se rexistrou o 29 de xullo de 1936 e foi de 35 °C.
Isto dá lugar a frecuentes néboas no outono e primavera. Minsk recibe unha precipitación anual de 690 milímetros, das cales unha terceira parte é no período de frío (como neve e choiva) e dous terzos no período de quentamento. Ao longo do ano, sopran ventos do oeste e noroeste traendo aire fresco e húmido do Atlántico.
Administración
[editar | editar a fonte]Minsk está dividida en pequenas unidades administrativas, organizadas en 1938, debido ao gran crecemento da cidade. O 17 de marzo de 1938, tres distritos foron establecidos, Stalinsky (Zavodski desde 1961), Varashylauski (Savetski desde 1961) e Kahanovichski (Kastrychnitsky desde 1957). Na actualidade a cidade está dividida en nove distritos: Frunzenski, Kastrychnitski, Leninski, Maskouski, Partyzanski, Pershamayski, Savetski, Tsentralny e Zavodzki.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ópera-Ballet de Minsk, Belarús.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Численность населения Минска превысила 1,9 млн человек". news.tut.by. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.(en ruso)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minsk |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Comité executivo da cidade de Minsk Arquivado 04 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- Dima Bartalevich's photos of Minsk
- "Fotos de Minsk". Radzima.org.
- Hoteles de Minsk
- Lista telefónica de Minsk
- Minsk in the Fifties
- Minsk — fotogalería
- Weather Minsk — minsk.the.by
- Minsk Outdoor Advertising