Saltar ao contido

Río Jarama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Jarama
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial2.119 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaprovincia de Guadalaxara, España e Comunidade de Madrid, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPeña Cebollera Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final482 m Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Texo Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°09′58″N 3°32′18″O / 41.1661, -3.5383
40°01′54″N 3°38′58″O / 40.031664, -3.649478
Afluentes
Conca hidrográficaconca hidrográfica do Texo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións194 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica11.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal31,7 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453742
O río Jarama ao seu paso por Titulcia.

O río Jarama é un curso fluvial español, un dos afluentes máis importantes do río Texo. Nace na beira da Peña Cebollera, tamén coñecida como Pico de las Tres Provincias), na serra de Ayllón, Sistema Central), xusto na confluencia entre as provincias de Madrid, Guadalaxara e Segovia, xunto ao faial de Montejo.

Discorre polas provincias de Guadalaxara e Madrid. Os seus principais afluentes son, pola marxe dereita, os ríos Lozoya, Guadalix e Manzanares; e, pola esquerda, o Henares e o Tajuña.

No primeiro treito do seu percorrido, bordea o faial de Montejo, constituíndo o límite entre as provincias de Madrid e Guadalaxara. Intérnase na provincia de Guadalaxara á altura de La Hiruela, discorrendo por Colmenar de la Sierra, Matallana e El Vado, onde as súas augas son represadas no encoro que leva o nome da antiga poboación anegada (El Vado). Entra de novo na provincia de Madrid á altura de Patones de Abajo, recibindo o caudal do río Lozoya. A partir de aquí, segue unha dirección norte-sur, pasando por Talamanca de Jarama e, deixando á súa dereita o municipio de Madrid á altura do Aeroporto de Madrid-Barajas. O río tivo que ser levemente desviado durante a última ampliación do aeroporto, con obxecto de construír a pista 15R-33L.

Pasado o aeroporto recibe os seus principais afluentes: Henares, Tajuña e Manzanares. Finalmente desemboca no río Texo un pouco antes de chegar a Aranjuez, constituíndo alí a maior parte do seu caudal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]