Meixomence, Ponte, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°42′38.6″N 8°14′23.5″O / 42.710722, -8.239861

Meixomence
Meixomence, Ponte, Silleda.JPG
Meixomence, co recinto da Feira Internacional de Galicia ao fondo
ParroquiaPonte
ConcelloSilleda
Poboación17 hab. (2018)

Meixomence é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2018 tiña 17 habitantes, deles 9 eran homes e 8 eran mulleres. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Denominación[editar | editar a fonte]

O nome deste lugar deriva do vocábulo latino Maxuminici, un patronímico de Maxuminus, sendo este último un diminutivo do nome Maxumus ou Maximus[1]. Por outra banda, parece plausible que Meixomence derivase de Beycomenzo ("bo comezo"), nome co que aparece designado un lugar na freguesía de Ponte en documentos antigos[2], aínda que noutros o nome do lugar aparecese como Meijomeso, Meijomeme ou Meijomence, sendo este último a súa versión castelanizada.

Historia[editar | editar a fonte]

En documentos do século XV aparece mencionado o coto de Beycomenzo, na freguesía de San Miguel de Ponte, que se atopaba baixo a xurisdición civil e criminal da Encomenda de Beade, rexida pola Orde de Malta[3], que segundo o Padre Sarmiento gobernaba en lugares das freguesías de Poulo (Gomesende) e Estás (Tomiño)[2]. En rexistros posteriores, Meixomence atopábase incluído no coto de Rosende, xunto cos lugares de Rosende e as Casas do Monte, baixo o dominio da encomenda antes citada[4].

Mediado o século XIX, o coto de Rosende disgrégase e as Casas do Monte deixa de pertencer a Ponte, quedando Meixomence como o lugar máis arredado do resto de núcleos de poboación, cunha ampla extensión de terreo a monte polo medio. Xa no século XX, a dificultosa comunicación cos demais lugares queda atrás coa construción dunha sinxela estrada dende Outeiro ata a igrexa parroquial. Esta, sobre a cal se faría a PO-205, pasaba próxima ao lugar. Pero a construción da AP-53 convertería nunha nova barreira, esta vez artificial, respecto ao resto da parroquia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É o lugar situado máis ao sur da parroquia. Está atravesado por unha corrente de auga, o regueiro de Meixomence, que conflúe no lugar de Rosende co río da Gouxa. Debido a este regueiro, non resulta estraño ver este lugar cuberto con néboa moitos días do inverno.

Destacan, nun plano superior, as instalacións da Feira Internacional de Galicia, construídas no monte deste lugar e en terreos da veciña parroquia de Silleda, recinto no que se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Poboación[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación[5][6][7]:

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ponte[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ponte no concello de Silleda (Pontevedra)

Aldea de Abaixo | Carderrei | O Espiño | Meixomence | Rosende | Sino | Trasdosisto | Trasfontao

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (1994). Toponimia do concello de Silleda. Lucensia 11. 
  2. 2,0 2,1 Eiján, Samuel (2005). Historia de Ribadavia y sus alrededores. Valladolid: Editorial Maxtor. 
  3. García Tato, Isidoro (2004). Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Santiago de Compostela: Publicacións da Universidade de Santiago. 
  4. "O couto de Rosende en 1753", artigo en Faro de Vigo, 27 de setembro de 2015 (consultado o 22/04/2016).
  5. Madoz Ibáñez, P. (1848). "MEIJOMENCE". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XI. Madrid. p. 353. 
  6. VV.AA. (1926): Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (Enciclopedia Espasa-Calpe). Ed. Espasa-Calpe, 70 vol.
  7. Padróns municipais do 2000, 2005, 2010 e 2011