Trasfontao, Ponte, Silleda
Coordenadas: 42°43′22.1″N 8°13′45.7″O / 42.722806, -8.229361
Trasfontao | |
---|---|
Vista do lugar | |
Parroquia | Ponte |
Concello | Silleda |
Poboación | 12 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trasfontao é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2017 tiña 12 habitantes, deles 7 eran homes e 5 eran mulleres. Isto supón un descenso no número de habitantes con respecto ao ano 2000.
Situación e historia[editar | editar a fonte]
Este lugar sitúase noutro maior: San Miguel, nas proximidades da PO-205. Baixo o nome de Trasfontao adoitan agruparse dous núcleos de poboación: o propio Trasfontao e a Regueira. Destaca unha antiga fonte pública, agora de propiedade privada.
O núcleo da Regueira debe o seu nome ao regato que o atravesa. Ao pé del, no fondo do lugar, érguese un pequeno lavadoiro e outra fonte pública.
Nos séculos XVI, XVII e XVIII, a Orde de Malta tiña aforados terreos neste lugar a través da Encomenda de Beade[1].
Poboación[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Ponte[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ponte no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Aldea de Abaixo | Carderrei | O Espiño | Meixomence | Rosende | Sino | Trasdosisto | Trasfontao |
Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase García Tato (2004).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Tato, Isidro (2004). Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Santiago de Compostela: Publicacións da Universidade de Santiago.