Rosende, Ponte, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°42′46.2″N 8°13′32.6″O / 42.712833, -8.225722

Rosende
Rosende, Ponte, Silleda.JPG
Rosende, con restos de fume tralo incendio do Monte da Costa en xullo do 2013
ParroquiaPonte
ConcelloSilleda
Poboación42 hab. (2017)

Rosende é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2017 tiña 42 habitantes, deles 20 eran homes e 22 eran mulleres. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Historia[editar | editar a fonte]

Este lugar deu o nome ao Couto de Rosende e atopábase dividido entre as parroquias de Ponte e Vilar[1]. Pertencía todo el ao señorío do encomendador de Beade, ao que os veciños rendían contas, ademais de pagar os décimos e primicias ao párroco de Ponte ou ao de Vilar segundo lles correspondera[2]. En 1799, debido entre outras cousas á longa distancia as igrexas de Ponte e Vilar, os veciños de Rosende decidiron construír un pequeno santuario onde venerar á Virxe dos Remedios[3], que daría nome as terras de labor próximas: o "Agro da Capilla".

No ano 1863 trasladouse a liturxia desde a igrexa de San Miguel ao santuario dos Remedios, que se convertería na nova igrexa parroquial. Ademais, anos máis tarde, en 1891, Rosende queda totalmente integrado na parroquia de Ponte[4].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Por este lugar pasa o río da Gouxa, que aquí recibe os nomes de regueiro de Rosende, río de Rosende ou río da Torre. Esta corrente de auga forma as chamadas "Fervenzas dos Muíños", pouco despois de deixar atrás estas construcións. Máis abaixo, atópase a antiga fábrica da luz. Antes de pasar a carón de Rosende, este río recibe as aguas doutro regueiro procedente do lugar das Casas do Monte, canalizado por debaixo das instalacións da Feira Internacional de Galicia, e que volve a saír a luz no lugar de Meixomence, do cal toma o seu nome.

Poboación[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación:

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ponte[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ponte no concello de Silleda (Pontevedra)

Aldea de Abaixo | Carderrei | O Espiño | Meixomence | Rosende | Sino | Trasdosisto | Trasfontao

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Madoz (1849), páx. 573: "ROSENDE: ald. en la prov. de Pontevedra, ayunt. de Chapa, y felig. de San Martín de Villar (V.).Pobl.: 5 vec. y 35 almas", "ROSENDE: ald. en la prov. de Pontevedra, ayunt. de Chapa, y felig. de San Miguel de Ponte (V.).Pobl.: 4 vec. y 20 almas"'.
  2. O couto de Rosende en 1753 en Faro de Vigo (27/09/2015) (Consultado o 22/04/2016).
  3. A capela dos Remedios de Ponte en Faro de Vigo (13/09/2015) (Consultado o 22/04/2016).
  4. Cando San Miguel deixou o seu lugar en Faro de Vigo (29/09/2013) (Consultado o 22/04/2016).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Madoz Ibáñez, Pacual (1849), Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Madrid, 16 vol.