Marta Pazos
Marta Pazos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1976 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | actriz, realizadora, escenógrafa e dramaturga |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marta Pazos Antas, nada en Pontevedra en 1976,[1] é unha directora de escena, actriz e escenógrafa galega[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de pintura. Tamén estudou na Scuola Cònia da Societas Rafaello Sanzio, de Cesena, onde aprendeu de Claudia Castellucci.
A comezos do século XXI estaba dirixindo e actuando en Santiago de Compostela. Fixo parella artística con Borja Fernández en Belmondo, un dúo que naceu en 1999[3] ao redor dos espectáculos mensuais que se celebraban na Sala Nasa, en Santiago. En 2007 fundou a compañía Voadora en Santiago de Compostela, co actor Hugo Torres e o produtor Jose Díaz[4]. Voadora sería unha das compañías fundamental do teatro galego a partir dese momento. Dirixindo Voadora que conseguiu dous premios María Casares á mellor directora, en 2011 por Super8 e en 2013 por Tokio3, espectáculo co que foi finalista ao mellor espectáculo revelación dos premios Max.
Traballou co Centro Dramático Nacional, co Centro Dramático Galego e co Teatre Lliure, e levou os seus espectáculos aos festivais máis importantes de España (Temporada Alta, Festival de Almagro, Clásicos en Alcalá, Olmedo Clásicos, Fringe-Matadero Madrid, Tercera Setmana, FIOT e Festival Escenas do Cambio[5]), de Brasil, Mozambique, República Checa, Francia e Portugal, ademais de Galicia.
Na tempada 2018/2019 traballou na dirección de escena da ópera Je suis narcissiste no Teatro Real de Madrid.[6][7]
Estreou no Teatre Lliure de Barcelona, o de 2 de febreiro de 2021, unha adaptación ao teatro de Viaxe á lúa, o único guión cinematográfico que deixou Federico García Lorca.[8] En 2021 dirixiu no Centro Dramático Nacional en Madrid (Teatro María Guerrero) Comedia sin título de García Lorca.[9] E no mesmo ano tamén dirixiu para o Centro Dramático Galego Ás oito da tarde cando morren as nais.[10]
En 2022 dirixiu a ópera Alexina B, de Raquel García-Tomás, no Teatre del Liceu de Barcelona, a segunda estrea dunha ópera realizada por unha muller en 175 anos de historia da institución.[11]
Teatro[editar | editar a fonte]
- Sidecar (Belmondo, 2003, con textos de Manuel Cortés, Marcos Ptt Carballido, Ángel Burgos e Carlos Santiago)
- Super8 (Voadora, 2010[12])
- Tokio3 (Voadora, 2012, a partir d'A divina comedia)
- Joane (Voadora, 2012, a partir do Auto da barca do inferno, de Gil Vicente).
- Happy End (Voadora, 2012)
- Waltz (Voadora, 2013)
- Sots la sombra d'un arbre (2013, adaptación teatral do Llibre del gentil i els tres savis de Ramon Llull)
- Barbazul (2013, Borja Fernández e Manolo Cortés)
- Rinoceronte (2014, E. Ionesco)
- A tempestade (Voadora, 2014, Shakespeare)
- Don Juan (2015, Molière)
- Calypso (Voadora, 2015, Fernando Epelde)
- Soño dunha noite de verán (Voadora, 2015, a partir dun texto de Shakespeare)
- Martes de Carnaval (CDG, 2017, Valle Inclán)
- Garage (2018, montaxe con empregadas de factorías de automóbiles de PSA)
- Viñemos a dalo todo (Voadora, 2019)
- Je suis narcissiste (Ópera de butxaca i nova creació, 2019, unha ópera bufa con libreto de Helena Tornero e música de Raquel García-Tomás)
- Neorretranca e posmorriña (CDG, 2019, dirixida por Gena Baamonde [Pazos só se ocupa da escenografía] a partir de textos de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal).
- A amnesia de Clío (Voadora, 2019, ópera, con libreto de Fernando Epelde)
- Siglo mío, bestia mía (CDN, 2020, Lola Blasco)
- Viaje a la luna (Teatre Lliure, 2021, a partir de guión cinematográfico de Federico García Lorca)
- Terceiro acto (CDG, 2021, dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez a partir de improvisacións [Pazos só se ocupa da escenografía])
- Othello (Teatro de la Abadía, 2021, Shakespeare)
- Comedia sin título (Centro Dramático Nacional, 2021, de Federico García Lorca).[a]
- Ás oito da tarde cando morren as nais (Centro Dramático Galego, estrea prevista en 2022, de AveLina Pérez).
- Alexina B (2022, Teatre del Liceu, Barcelona).
Cine[editar | editar a fonte]
- 2004: O ano da carracha . Filmanova. Dirección: Jorge Coira.
- 2005: One day in Europe . Filmanova. Dirección: Hannes Stohr.
- 2014: Las Altas Presiones. Matriuska Producciones. Dirección: Ángel Santos.
- 2018: Efectos que dejan de ser especiales con el tiempo. Dirección: Fernando Epelde.
Televisión[editar | editar a fonte]
- 2001. Pequeno Hotel. TVG. Dir. Teo Abad
- 2001-2002. Avenida de América. 1º e 2º temporada (80 cap-Belén) TVG. Dir. Gonzalo Pinto
- 2003. Cota Roja. FORTA. Tv movie. Dir. Jordi Frades
- 2004. As leis de Celavella. TVG. Cap 20. Dir. Germán Gormezano
- 2006. Pepe o Inglés. (13 cap. Susana). TVG. Dir. Zoopilote.
- 2005-2007. A vida por diante (80 cap/ Carme).TVG. Dir: Carlos Sedes
- 2011. Libro de Familia. Cap 255.TVG. Dir José Jamardo[13]
Premios[editar | editar a fonte]
- 2011: Premio María Casares á mellor dirección
- 2013: Premio María Casares á mellor dirección
- 2013: Premio María Casares á mellor escenografía[14]
- 2013: Premio da Crítica de Galicia (Voadora)[15]
- 3º Premio do Certame Nacional de Directoras de Torrejón de Ardoz
- 2014: Premio Indiefest como actriz protagonista[16]
- 2019: Pontevedreses do ano (Cultura)[17]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Produción para o Centro Dramático Nacional onde representa o primeiro acto, único conservado, da comedia final de García Lorca e dous actos máis, sen texto dramatúrxico, a partir dos comentarios que fixera o propio Lorca aos seus amigos pouco antes de que o matasen.
- Referencias
- ↑ "As mulleres lideran a gala dos XVI Premios Mestre Mateo, con Marta Pazos á cabeza". Academia Galega do Audiovisual. 16 de febreiro. Consultado o 11 de outubro de 2018.
- ↑ "A pontevedresa Marta Pazos dirixirá a gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego". Pontevedra Viva. 17 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.
- ↑ "Chévere". www.grupochevere.eu. Consultado o 6/12/2021.
- ↑ "Marta Pazos y “Garage”" (en español). Con la A. 25 de setembro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.
- ↑ "BIO. ABOUT". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2020. Consultado o 26/11/2019.
- ↑ "Marta Pazos". voadora (en castelán). Consultado o 26/11/2019.
- ↑ "Marta Pazos: «Introduzco el lenguaje teatral en la ópera pero respetando la técnica lírica»". La Voz de Galicia (en castelán). 29/1/2019. Consultado o 26/11/2019.
- ↑ "Galiza exporta talento a Catalunya". Nós Diario. Consultado o 18/1/2021.
- ↑ "Marta Pazos estrenará Comedia sin título, de Lorca, en el Centro Dramático Nacional". Inout Viajes (en castelán). Consultado o 9/11/2021.
- ↑ "O Centro Dramático Galego arranca os ensaios de ‘Ás oito da tarde cando morren as nais’ baixo a dirección de Marta Pazos". Xunta de Galicia. 23/11/2021. Consultado o 24/11/2021.
- ↑ Diario, Nós. "Marta Pazos estreará a ópera 'Alexina B.' no Gran Teatre del Liceu". Nós Diario. Consultado o 2022-04-07.
- ↑ "SUPER8". martapazos (en castelán). Consultado o 6/12/2021.
- ↑ "ACTRIZ. ACTRESS". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2020. Consultado o 26/11/2019.
- ↑ "Premiad@s". AAAG. Consultado o 11 de outubro de 2018.
- ↑ "Marta Pazos". Yourszene (en castelán). Consultado o 26/11/2019.
- ↑ "A ópera 'Waltz' de Voadora triunfa no Indiefest de Santander". 4 de marzo de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2018.
- ↑ Vila, Sara (14/10/2019). "Marta Pazos: "A vida cultural de Pontevedra tamén conformou a miña ollada como artista"". Diario de Pontevedra. Consultado o 26/11/2019.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta Pazos ![]() |