Premios María Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Premio María Casares")
Algúns dos premiados nos María Casares 2014 celebrados no teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Os Premios María Casares (que reciben o seu nome da actriz coruñesa nada en 1922 e falecida en 1996) son uns galardóns entregados anualmente pola Asociación de actores e actrices de Galicia que premian os mellores profesionais galegos no eido do teatro.

Estes premios concedéronse por vez primeira no ano 1997.

Categorías[editar | editar a fonte]

Premiados[editar | editar a fonte]

Gala de entrega dos premios no Teatro Rosalía de Castro da Coruña no 2014.

Por compañías, tanto Sarabela Teatro ten 39 galardóns acadados e o Centro Dramático Galego levaba 37 en 2013. Teatro do Atlántico conseguira 18, Teatro de Aquí 14 e Lagarta Lagarta 10.

Por individuos, o iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño e o escenógrafo Carlos Alonso teñen once, e a maquilladora Carmela Montero, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o escritor e actor Avelino González, a directora Ánxeles Cuña e o iluminador, actor e escenógrafo Suso Díaz Seoane, 7.