Ángel Santos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ángel Santos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de novembro de 1976 |
Lugar de nacemento | Marín |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | cineasta e director de cinema |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Santos Touza, nado en Marín o 14 de novembro de 1976, é un cineasta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras licenciarse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2000 marchou a Barcelona para realizar un curso de guión, comezando a traballar en curtametraxes do Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya en distintos apartados técnicos (produción, son, realización, guión...). Nese centro obtivo no ano 2003 a diplomatura en Dirección Cinematográfica.
Colaborou como redactor na revista dixital Miradas de Cine.
Imparte cursos de cine dentro do proxecto Cinema en Curso (A bao a qu).
Obra[editar | editar a fonte]
- A. (curtametraxe, 2002)
- Septiembre (Los amores jóvenes) (curtametraxe, 2004)
- O cazador (curtametraxe, 2008)
- Dous fragmentos / Eva (2010)
- Pantasmas 1 (curtametraxe, 2010)
- Adolescentes (2012)
- Pantasmas 2 (curtametraxe, 2012)
- Las altas presiones (2014)