Persépole (novela gráfica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Persépole
Título orixinalPersepolis
Autor/aMarjane Satrapi
OrixeFrancia
Linguafrancés
ColecciónCiboulette
Xénero(s)Novela gráfica
EditorialFrancia L'Association
Galicia Rinoceronte Editora
Data de pub.Francia 2000-2003 (catro tomos)
Galicia 2011
Páxinas352
ISBNGalicia ISBN 978-84-92866-26-7
Seguido porBroderies (2003)
TraduciónEva Carrión
editar datos en Wikidata ]

Persépole é unha novela gráfica en branco e negro, escrita e ilustrada en forma autobiográfica por Marjane Satrapi, co título orixinal de Persepolis. Apareceu en catro tomos, publicados entre 2000 e 2003. Foi traducida ao galego por Eva Carrión, e publicada en 2011 por Rinoceronte Editora.

Argumento[editar | editar a fonte]

A obra narra a propia vida da autora desde 1979 (cando tiña dez anos) até 1994. Conta o modo en que tras nacer nunha familia progresista de Teherán, trala revolución iraniana e a chegada ao poder do réxime fundamentalista islámico marcha a estudar a Viena e despois regresa á súa cidade para estudar Belas Artes, e logo de rematar na universidade decide marchar a Estrasburgo.

Marji diferénciase do resto de nenos e nenas da súa idade por ser educada ao estilo occidental, nunha familia progresista, laica e de clase alta, descendente do último rei da dinastía persa dos Qajar. De formación bilingüe, ten unha considerable inquedanza intelectual. Manté conversas imaxinarias cun Deus (de estética parecida a Karl Marx) e soña con ser a derradeira profeta que siga os pasos de Xesuscristo e Mahoma. Desde nova vive as manifestacións, as diferenzas de clases sociais e a marxinación.

No segundo tomo vive a tortura e os asasinatos a que son sometidos amigos e familiares, polo que os pais de Marjane deciden que vaia estudar a Austria. Alí se desenvolve o terceiro tomo, coa adaptación ao mundo occidental e a ruptura dos prexuízos, ao tempo que vive, a aprendizaxe da lingua alemá e a aparición das relacións sentimentais.

No cuarto tomo Marjane regresa a Teherán logo de catro anos, e descobre que as súas vellas amizades a desprezan polas súas vivencias. Porén, na universidade fai novas amizades, e mesmo casa cun compañeiro de clase. Porén, decide divorciarse e marchar a Francia.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Prix du Lion, Bélxica (2000)
  • Premio autora revelación no Festival de Banda Deseñada de Angoulême (2001)
  • Premio ao mellor guión no Festival de Angoulême (2002)
  • Primeiro premio da paz Fernando Buesa Blanco, Vitoria (2003)
  • Premio Harvey á mellor obra estranxeira, EUA (2004)

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A novela gráfica foi levada ao cine de animación co título de Persepolis, e foi estrenada o 27 de xuño de 2007. Está dirixida por Vincent Paronnaud, e foi nomeada á Palma de Ouro e acadou o premio do xurado no Festival de Cannes 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]