Saltar ao contido

Mareas cidadás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As mareas cidadás son un tipo de formación política creado para as Eleccións municipais de 2015 en Galicia. Aínda que poden tomar a forma xurídica de partido político, coalición ou agrupación de electores caracterízanse pola diversidade de membros e de asociacións que as compoñen. Os candidatos se elixen por votación directa e se someten a votación todas as decisións importantes tomadas no concello ou na formación durante toda a lexislatura. Por funcionalidade, pode ser que decisións pequenas as tomen directamente un grupo máis reducido de traballo.

Formas xurídicas

[editar | editar a fonte]
Martiño Noriega foi elixido alcalde de Santiago de Compostela por Compostela Aberta.

Un partido político é unha formación política con entidade propia e xurídica ao que a lei lle permite realizar accións que unha agrupación non podería. Unha agrupación de electores é unha formación política constituída por un conxunto de cidadáns para unha determinada causa e unha determinada zona. Ás agrupacións de electores non se lles permite formar coalicións para ningún fin, nin sequera poden ligarse na súa circunscrición electoral para acceder ás deputacións. Nas deputacións os seus votos serán contados de maneira individual, para o repartimento de escanos.

Diferenzas con outras formacións políticas

[editar | editar a fonte]

A diferenza principal cunha coalición de partidos, é que os partidos que estean no seu interior non teñen ningún poder, son as persoas co seu voto individual as que deciden. Unha coalición pode decidir que cada partido teña un voto independentemente do número de persoas que o conformen.

En xeral, teñen como características:

  • A adscrición ao movemento é persoal e compatible coa militancia política ou pertenza a calquera caste de asociación.[1]
  • Respectando o antedito, nas mareas conflúen distintos tipos de asociacións: partidos políticos, sindicatos, asociacións veciñais, ONG's. Aínda que, en xeral, as mareas non o expresen así, os partidos e asociacións que a conforman pódense considerar de esquerdas e nacionalistas:
A dignidade, o empoderamento das nosas rúas, barrios e parroquias, a participación decisoria nas políticas de competencia municipal son os factores que debemos impulsar para un novo Ferrol, un Ferrol en Común construído entre todos e todas, que aparte as gadoupas do poder das empresas e dos partidos do réxime sobre os recursos municipais. Queremos un Ferrol en Común de construción colectiva, en creación constante en cada rúa e centro de traballo, unha acumulación de forzas para un novo goberno coa xente e non para a xente, que pule por servizos públicos de calidade, pola remunicipalización, a renda básica municipal e o emprego garantido.

[2]

  • Preséntanse como alternativa ética e renovadora aos partidos políticos establecidos. A expresión "os partidos do Réxime do 78", usada en senso despectivo forma parte da súa linguaxe común:
Requírense novas formas de organización e participación cidadá, capaces de activar unha revolución democrática para decidirmos nós, e non as elites de quenda, en que tipo de cidade queremos vivir. Propoñemos ir rueiro por rueiro, barrio por barrio, parroquia por parroquia, para construír entre todas e todos unha política inédita que nos libere das vellas prácticas dos partidos do réxime. Así, coa nosa forza colectiva e asemblearia, conseguiremos que a marea dos que non temos nada que perder e si todo que gañar asolague dunha vez estas beiras do Atlántico.

[3]

  • Democracia interna: funcionamento preferentemente asembleario ou en grupos de traballo abertos, sistema de primarias para a elección de candidatos.[4]
  • Propoñen unha renovación ética: amais do xa dito sobre as críticas aos partidos tradicionais, normalmente incorporan un código ético[5] para os seus candidatos ou cargos públicos (rendemento público de contas[6], limitacións de mandatos e remuneracións...).

Mareas en Galicia

[editar | editar a fonte]

Listaxe por provincia e orde alfabética de concello.

Provincia da Coruña

[editar | editar a fonte]

Provincia de Lugo

[editar | editar a fonte]

Provincia de Ourense

[editar | editar a fonte]

Provincia de Pontevedra

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. http://mareatlantica.org/faq/
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  5. http://mareatlantica.org/codigo-etico/
  6. http://mareatlantica.org/contas-claras/