Saltar ao contido

Iniciativa Cidadá de Mugardos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iniciativa Cidadá de Mugardos
Logo
Tipopartido político
Data de fundación2015
SedeMugardos
PaísGalicia
Na rede
http://www.iniciativacidadademugardos.org/
editar datos en Wikidata ]

Iniciativa Cidadá de Mugardos (ICM) é un movemento cidadán político creado no Concello de Mugardos que se presentou ás eleccións municipais de maio do 2015 como agrupación de electores.

Javier García Dieste foi o candidato de ICM nas eleccións municipais do 25 de maio de 2015, nas que obtivo 540 votos (un 18,25%) e o foi a terceira candidatura máis votada, tras do Partido Popular e Esquerda Unida, superando ás dúas últimas formacións en ostentar a Alcaldía (BNG e PSdeG-PSOE) e á candidatura independente Gañemos Mugardos.

Nas eleccións xerais do 2015 e 2016 a organización apoiou a candidatura de En Marea ao congreso e o senado, e en setembro do 2016 á Xunta de Galicia.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O primeiro tramo da candidatura da Iniciativa Cidadá de Mugardos formouse mediante primarias abertas, con dereito a voto para a cidadanía maior de 16 anos residente ou traballando en Mugardos. Votaron 126 persoas, o que en termos porcentuais supuxo a maior participación en procesos de primarias abertas das mareas cidadás galegas no 2015. O segundo tramo da candidatura definiuse mediante asembleas abertas. Os membros da candidatura que obtiveron acta de concelleiro/a, ademais de Javier García Dieste, foron Miguel Ángel Bastida Martínez e Paula Morgade Carnero.

Tras os resultados das eleccións municipais ICM someteu a unha consulta popular o seu voto na sesión de constitución da nova corporación[1]. O resultado desta consulta fixo que os 3 votos de ICM fosen para o seu propio candidato, mentres EU (3), BNG (2) e PSdeG-PSOE (1) votaban pola candidata de EU tras as negociacións previas entre as catro formacións de centro-esquerda. Isto fixo que ningunha candidatura acadase a maioría plenaria de 7 votos, polo que foi nomeado alcalde Juan Domingo Deus Fonticoba, do PP, con catro votos.

En decembro do 2015 dimitía como concelleiro Javier García Dieste[2], sendo substituído por César Pena Leira en xaneiro do 2016. O 12 de agosto de 2016 o grupo municipal de ICM realizaba, xunto con EU e BNG, unha moción de censura que retiraba da alcaldía ao Partido Popular para concederlla a Pilar Díaz Otero (EU)[3]. Miguel Ángel Bastida Martínez e César Pena Leira serían 1º e 4º tenentes de alcalde, respectivamente. En novembro do 2017 ICM abandonaba o goberno municipal, xunto co BNG[4].

  1. "La consulta popular de Iniciativa Cidadá de Mugardos rechaza el pacto con EU, BNG y PSOE". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-06-12. Consultado o 2019-02-02. 
  2. Salgado. "Dimite el portavoz de ICM: «Non enganei a ninguén, pero se continúo estaría enganando»". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  3. Coruña, La Opinión de A. "Pilar Díaz, de EU, arrebata la Alcaldía de Mugardos al PP con una moción de censura". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  4. "ICM sigue los pasos del BNG y rompe el acuerdo de gobierno de Mugardos". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]