Riada Cidadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Riada Cidadá é un partido político do Barco de Valdeorras, conformado por membros de Podemos, Esquerda Unida, Anova, En Marea e independentes de diverso signo. Xurdiu en 2015 como candidatura cidadá no marco da formación das "Mareas", coalicións de esquerdas que concorreron nas eleccións municipais de 2015 en Galicia.

Presentouse en dúas ocasións á alcaldía do Barco de Valdeorras[1], co historiador Félix García Yáñez como candidato. En ambas ocasións obtiveron un concelleiro, o propio García Yáñez.

Xuridicamente é un partido político, aínda que esta circunstancia débese ás facilidades legais que presentaba esta fórmula para presentarse ás eleccións respecto á de agrupación de electores[2]. Riada Cidadá segue en activo e sobreviviu sen escisións ó proceso de ruptura das Mareas desencadeado en 2018.

Riada Cidadá nas eleccións municipais do Barco
Ano Cabeza de lista Votos % Válidos Concelleiros
2015 Félix García Yáñez
563
8,67%
1 / 17
2019 Félix García Yáñez
599
9,56%
1 / 17

Notas[editar | editar a fonte]