Ribeiro en Común é un colectivo cidadán e veciñal que xorde do manifesto homónimo para presentarse nas eleccións municipais de 2015 no concello de Ribadavia, con Brais Fidalgo Martínez como cabeza de lista.[1] En ditas eleccións conseguiu entrar na corporación municipal cun concelleiro e o 11,37% dos votos. Nas eleccións do 26 de maio de 2019 soben a 3 escanos obtendo o 21,77% dos votos, sendo chave de goberno para un novo mandato do PSdeG na vila. Porén, ao non chegar a un acordo de goberno co socialista Ignacio Gómez supuxo que o PPdeG lograse a alcaldía como lista máis votada[2]. En febreiro de 2021 presentaron xunto co PSdeG unha moción de censura que fixo alcaldesa á concelleira socialista Noelia Rodríguez[3], pasando a gobernalos socialistas e ReC en coalición, sendo o líder da formación, Brais Fidalgo, portavoz do goberno. Nas eleccións municipais de maio de 2023 a formación sufriu unha caída dos seus apoios, logrando un 7,53% dos votos, volvendo a ter un concelleiro, o seu líder Brais Fidalgo. Isto, sumado á debacle do PSdeG, que baixa a 3 concelleiros, mesmo quedando Ignacio Gómez sen acta, e a obtención da maioría absoluta por parte do PPdeG, imposibilita un novo goberno de esquerdas, e supuxo que a formación pasase á oposición.