Cartel (1945)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cartel
PaísEspaña
Fundación1945
editar datos en Wikidata ]

Cartel foi unha revista editada en Vigo entre 1945 e 1946.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista de la vida gallega (Panorama mensual de literatura y arte), apareceu en decembro de 1945. Revista cultural quincenal, pódese considerar como a continuación dunha publicación que saíra en 1937 baixo o mesmo título e dirixida por Antonio Otero Coira. Dirixida por Xulio Sigüenza, entre os seus colaboradores estaban Victoriano Taibo, Ánxel Fole, Noriega Varela, Amado Carballo e Xosé Outeiriño Blanco. Aparecían fotografías de Cameselle e Pacheco, artigos sobre música, xeografía, pintura e cine, e seccións dedicadas aos ecos de sociedade, ás estreas de cine e teatro ou ás actividades dos galegos no estranxeiro, como a estrea en París de Divinas palabras de Valle-Inclán ou as exposicións de Laxeiro en Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]