Benito Calderón Ozores
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Benito Calderón Ozores | |
---|---|
Nacemento | 1861 |
Falecemento | 11 de outubro de 1892 |
Nacionalidade | España |
Pai | Vicente Calderón Oreiro |
Fillos | Vicente Calderón Montero Ríos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Benito Calderón Ozores, nado en 1861 e finado o 11 de outubro de 1892, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo primoxénito de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan e de Carmen Ozores Mosquera. Casou con Eugenia Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos. Foi elixido deputado por Santiago de Compostela na elección parcial de 5 de marzo de 1890, escano que lle puxo en bandexa o seu sogro Montero Ríos, quen renunciou a el para ocupar o posto de senador tralas eleccións de 1889. Foi reelixido nas seguintes eleccións (1 de febreiro de 1891), pero a morte truncou a súa carreira política en 1892.
Foi pai de Vicente Calderón Montero Ríos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|