Pascual Madoz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1806 Pamplona, España |
Morte | 11 de decembro de 1870 (64 anos) Xénova (Reino de Italia) |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
5 de maio de 1869 – 11 de decembro de 1870 ← Antonio Romero Ortiz Circunscrición electoral: Alacant | |
Presidente do Consello de Ministros | |
30 de setembro de 1868 – 3 de outubro de 1868 ← José Gutiérrez de la Concha – Joaquín Aguirre de la Peña (pt) → | |
Gobernador civil da provincia de Madrid | |
maio de 1868 – 19 de outubro de 1868 – Juan Moreno Benítez (pt) → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de decembro de 1858 – 13 de novembro de 1863 Circunscrición electoral: Barcelona | |
Ministro de Facenda | |
21 de xaneiro de 1855 – 6 de xuño de 1855 ← Juan de Mata Sevillano y Fraile (en) – Juan Faustino Bruil y Olliarburu (en) → | |
Gobernador civil da provincia de Barcelona | |
20 de agosto de 1854 – 22 de outubro de 1854 ← José María Marchessi y Oleaga (en) – Cirilo Franquet (en) → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
6 de novembro de 1850 – 2 de setembro de 1856 Circunscrición electoral: Tremp | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
11 de xaneiro de 1847 – 4 de agosto de 1850 Circunscrición electoral: Tremp | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de novembro de 1836 – 10 de xullo de 1844 Circunscrición electoral: Lleida (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Zaragoza (1821–) Barbastro (1810–) Pamplona (1805–1810) Tours París Tulle Madrid Barcelona |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Zaragoza - dereito (1821–) Colexio San Lourenzo das Escolas Pías (1810–) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , estatístico , escritor , xornalista , avogado , xeógrafo |
Partido político | Partido Progresista |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Cronoloxía | |
1854-1856 | confiscation of Madoz (en) |
26 de agosto de 1837 | Abolition of the manorial system in Spain (en) |
Premios
| |
Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806[1] e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nunha familia humilde, en 1813 a súa familia trasládase a Barbastro (Huesca) onde comeza os estudos no Colexio San Lorenzo dos Pais das Escolas Pías (ou escolapios). Posteriormente, a partir de 1821 comeza os estudos de Dereito na Universidade de Zaragoza conseguindo, en 1825, o título de bacharel en Leis.[2]
Durante o segundo período absolutista do reinado de Fernando VII, a Década Ominosa, a defensa dos seus ideais liberais levarao a participar, en 1823, na Milicia Nacional, para a defensa de Zaragoza e de Monzón fronte os Cen Mil Fillos de San Luís, e onde será collido prisioneiro[3] e encarcerado. Máis tarde en 1831, tivo que se exiliar en Francia.[4] Alí, en París e en Tours adicouse ao estudo da Xeografía e da estatística.
En 1832, puido volver a España tras a amnistía decretada pola raíña María Cristina de Borbón, fixando a súa residencia en Barcelona, onde, a inicios de 1833, comeza a súa traxectoria profesional e política na que foi apoiado por liberais que despois formarían o Partido Progresista.
Traxectoria en Cataluña[editar | editar a fonte]
Consegue dirixir as oficinas do Diccionario geográfico universal (Barcelona, 1829–1834), que estaba a se publicar nesa cidade e onde chegou a dirixir de outubro a maio de 1835 o periódico "El Catalán". Tamén foi presidente da sociedade de Amigos Colaboradores, redactor da Colección de Causas Célebres, editou o seu primeiro libro titulado "Reseña sobre el Clero" e foi alcalde Maior de Barcelona, gobernador militar do Val de Arán e deputado en 1836.
Licenciado en Dereito en 1834, ese ano concibe xa un plano para crear un Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, que lograría ver culminado en 1850.
En 1843, púxose á fronte dunha coalición progresista de oposición a Espartero. Tras a Vicalvarada de 1854, o 9 de agosto foi nomeado gobernador de Barcelona. Volveu logo ao seu escano de deputado; presidiu as Cortes, e o 21 de xaneiro de 1855 confióuselle o Ministerio de Facenda. Nesta ocasión, presentou o famoso proxecto de lei de Desamortización, que conseguiu ver aprobado e que se publicou o 1 de maio de 1855 na Gaceta de Madrid[1] e, posteriormente, o 31 de maio publicouse tamén a Instrución para levala a cabo.
Tras a revolución de 1868 (a «Gloriosa») foi gobernador de Madrid, cargo ao que tamén renunciou ao pouco tempo. Formou parte da oposición ao goberno provisional, e despois de votar a candidatura de Amadeu de Savoia para o vacante trono de España, formou parte da legación enviada a Florencia para ofrecerlle a ese príncipe a coroa, mais finou en Xénova repentinamente.
Predecesor: Isabel II (Raíña de España) José Gutiérrez de la Concha (Presidente do Consello de Ministros) |
Presidente da Xunta Provisional Revolucionaria 1868 |
Sucesor: Joaquín Aguirre de la Peña |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Vázquez (2011); p. 17
- ↑ Artola (1987); p. 8
- ↑ "Madoz e Ibáñez, Pascual". Gran Enciclopedia Navarra. Arquivado dende o orixinal o 27-01-2018. Consultado o 26-01-2018.
- ↑ Paredes (1982); p.24.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pascual Madoz |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paredes Alonso, Francisco Javier (1982). Pascual Madoz (1805-1870): libertad y progreso monarquía isabelina. Barañáin (Navarra): Editorial Eunsa,Colección Histórica, nº 24. ISBN 9788431307608
- Vázquez Guzmán, Juan Pedro (2011). La desamortización de Madoz en la provincia de Almería (1855-1936). Almería: Universidad de Almería. ISBN 978-84-8240-181-2.
- Artola Gallego, Miguel (marzo de 1987). "Pascual Madoz". Boletín Informativo de la Fundación March (Madrid). (Nº 168): pp. 3–14. ISSN 0210-4148
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar, tomo VII versión dixitalizada e de libre acceso (en castelán).
- Biografía en www.llanes.as (en castelán).
- Biografía en www.xtec.es (en castelán).