Conversa:Macizo Galaico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Punto máis elevado[editar a fonte]

Como ben di o artigo, o Macizo Galaico esténdese polas provincias de León e Zamora, mais daquela o punto máis elevado sería Cabeza da/de Egua (2142 m)(es)? One2 (conversa) 14 de maio de 2022 ás 13:38 (UTC)[responder]

Está nos Montes de León, o Macizo Galaico cos Montes de León forma para algúns autores o Macizo Galaico-Leonés. Pero o artigo é sobre o Macizo Galaico.--HacheDous=0 (conversa) 14 de maio de 2022 ás 14:43 (UTC)[responder]
Claro, mais pra outros autores é todo Macizo Galaico, que é o paradigma que semella seguirse aquí ó dicir que se estende por León, aínda que sen definir os límites. One2 (conversa) 14 de maio de 2022 ás 14:56 (UTC)[responder]
Para algúns autores o Macizo Galaico chegaría ata o Bierzo e o estremo oriental de Zamora, que creo que a postura da maioría dos xeógrafos galegos, mentres para outros iría ata máis aló, considerando tamén os montes de León. Todo iso, se é realmente así e non estou nun engano, poderíase engadir no artigo pero coas referencias correspondentes para establecer os límites segundo os autores.--HacheDous=0 (conversa) 14 de maio de 2022 ás 15:07 (UTC)[responder]