Louis Jean Marie Daubenton
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Louis-Jean-Marie-Daubenton | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Daubenton |
Nacemento | 29 de maio de 1716 |
Lugar de nacemento | Montbard, ducado de Borgoña |
Falecemento | 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | apoplexía |
Nacionalidade | francesa |
Alma máter | Universidade de Reims |
Ocupación | médico, anatomista, mineraloxista e naturalista |
Cónxuxe | Marguerite Daubenton |
Irmáns | Pierre Daubenton |
Estudos | Anatomía, Medicina |
Cargos | Colaborador da Encyclopédie, membro do Colexio de Francia, membro da Academia de Ciencias de Francia, director do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, senador de Francia |
Premios | Membro da Royal Society |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Louis-Jean-Marie D’Aubenton (máis coñecido, simplemente, como Daubenton), nado en Montbard, ducado de Borgoña, o 29 de maio de 1716, e finado en París, o 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800, foi un médico, anatomista, mineraloxista e naturalista francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Daubenton foi enviado a polo seu pai a París para estudar teoloxía, pero seguiu en segredo cursos de medicina e anatomía.
En 1739, tres anos despois da morte de seu pai, Daubenton instalouse en Reims, en cuxa univesidade doutorouse en medicina en 1741. Despois de obter este grao, volveu á súa cidade natal para exercer a profesión de médico.
Na mesma época, Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, tamén nacido en Montbard e amigo da infancia de Daubenton, chamouno para traballar con el no Xardín do Rei de París, para que o axudara nas tarefas de disección e estudos anatómicos. Daubenton e Buffon traballaron xuntos durante dez anos na Historia natural dos animais.[1]
Daubenton describiu cerca de 200 especies de cuadrúpedes, cunha precisión sen precedentes. Este traballo foi considerado o punto de partida da moderna anatomía comparada.[1]
Daubenton foi un dos primeiros naturalistas en aplicar a anatomía comparada ás especies fósiles, refutando así a suposta existencia de xigantes.
En 1778 Daubenton pasou a ser profesor de historia natural no Colexio de Francia. En 1783, era profesor de economía rural no Colegio d'Alfort e, en 1795, impartiu clases na Escola Normal Superior de París.[1]
Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia, para a que redactou un gran número de memorias. Escribiu tamén diversos artigos para a Encyclopédie.
Coa Revolución francesa o Gabinete do Rei converteuse no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, e Daubenton no seu primeiro director.
Atribúese a Dabubento a naturalización de ovellas españolas en Francia, e publicou varios libros sobre como criar estes animais.[1]
Como médico, recomendou as pílulas de ipecacuaña, que se chamaron na época pílulas de Daubenton.[1]
En decembro de 1799 Daubenton foi elixido membro do Senado, pero morreu pouco despois a causa dunha crise de apoplexía.
Filosofía natural[editar | editar a fonte]
Ao igual que Buffon, Daubenton desconfiaba do carácter obxectivo da sistemática, especialmente da linneana, e defendía construíla a partir da organización completa dos animais e non de certos caracteres.
Pero a diferenza de Buffon, rexeitaba o gradualismo na escala dos seres e mantiña unha visión da xerarquía animal moito máis estática. O seu concepto de especie, fundamentado na constancia dos caracteres morfolóxicos, era tipolóxico.
De aí tamén que a anatomía comparada xogase na súa obra un papel moito máis fundamental que na de Buffon.
Obra principal[editar | editar a fonte]
- Instruction pour les bergers et pour les propriétaires de troupeaux (1782).
Honores[editar | editar a fonte]
Eponimia[editar | editar a fonte]
- Unha rúa de París achegada ao Xardín das Plantas leva o seu nome.
- Unha estación do metro parisiense, a Estación de Censier-Daubenton (liña 7).
- Unha rúa de Dijon tamén leva o seu nome.
- unha rúa de Roubaix así mesmo leva o seu nome.
- Un morcego: Myotis daubentonii.
- Unha familia de primates, a dos Daubentoniidae,
- E a especie Daubentonia madagascariensis, tipo desta familia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis Jean Marie Daubenton ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Louis Jean Marie Daubenton |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alter, Anna & Philippe Testard-Vaillant (2003): Guide du Paris savant. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-3582-6.
- Bouillet, Marie-Nicolas & Alexis Chassang, dir. (1878): "Daubenton (L. J. Marie)" no Dictionnaire universel d'histoire et de géographie.
- Flourens, Pierre & Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon (1869): Des manuscrits de Buffon, avec des facsimile de Buffon et de ses collaborateurs. (Ler en liña).
- Schmitt, Stéphane (2006): Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. París: Éditions Belin. ISBN 978-2-7011-3511-3.