Cuadrúpede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A cebra é un exemplo de cuadrúpede.

Os cuadrúpedes (do latín quattuor, catro, e pes, pés) son os animais que andan a catro patas, o que se denomina cuadrupedismo, que é unha das formas de locomoción terrestre dos animais. A maioría dos cuadrúpedes son animais vertebrados, como os mamíferos, réptiles, e moitos anfibios.

A maioría do resto das especies non son cuadrúpedes. Entre os invertebrados terrestres os arácnidos andan coas súas oito patas e os insectos con seis (agás algunha excepción, como as mantis, que son parcialmente cuadrúpedes), e os miriápodos teñen decenas de patas. As aves son tipicamene bípedes.

Cuadrúpedes e tetrápodos[editar | editar a fonte]

Aínda que etimoloxicamente as palabras cuadrúpede e tetrápodo seignifican o mesmo (catro pés), non son en absoluto o mesmo. A maioría dos cuadrúpedes son tetrápodos, pero non todos os tetrápodos son cuadrúpedes. Os tetrápodos (Tetrapoda) son un grupo taxonómico que comprende os vertebrados terrestres. Os tetrápodos proceden de peixes que desenvolveron catro patas, saíron da auga e colonizaron a terra; algúns tetrápodos volveron á vida acuática posteriormente. A maioría dos tetrápodos conservan as súas catro patas e úsanas para a locomoción, pero hai tetrápodos que son bípedes (aves, homes, que adaptaron as extremidades superiores para o voo ou para manipular cousas), e outros que perderon completamente as patas, como as serpes e algúns lagartos e anfibios. Nos mamíferos acuáticos , como os cetáceos, produciuse a transformación das patas anteriores en aletas e a redución das patas posteriores, como nas baleas, que conservan os ósos reducidos das patas posteriores no inerior do corpo, polo que non sobresaen como patas nin aletas. outros andan a brincos usando as patas posteriores, como os canguros.

Nos humanos[editar | editar a fonte]

Mutación[editar | editar a fonte]

Cuadrupedismo nunha familia iraquí.

En 2005, publicouse o caso dunha familia kurda que andaba a catro patas, apoiando as palmas das mans, seguramente debido a unha mutación no cromosoma 17.[1][2][3]

Movemento cuarúpedo para facer exercicio[editar | editar a fonte]

Moitas persoas, especialmente os practicantes de parkour e freerunning e do método natural de Georges Hébert,[4] consideran beneficioso exercitarse no movemento cuadrúpede para fortalecer o corpo, especialmente as coxas, ombreiros, torso e tríceps.

Robots cuadrúpedes[editar | editar a fonte]

BigDog é un robot cuadrúpede dinamicamente estable creado en 2005 por Boston Dynamics con Foster-Miller, o Jet Propulsion Laboratory (JPL) da NASA, e a Harvard University Concord Field Station.[5]

Outro é RoboSimian tamén do JPL da NASA, en colaboración co Robotics Lab da Universidade de California, Santa Barbara, no que se puxo a énfase na estabilidade e deliberción.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Family Walks on All Fours, May Offer Evolution Insight, Experts Say". National Geographic News March 8, 2006. 
  2. "FScience May Finally Explain Why This Family Walks On All Fours". Huffingtonposts 07/17/2014. 
  3. "Time-warp family who walk on all fours". Daily Mail 08 March , 2006. 
  4. "MovNat". 
  5. "BigDog - The Most Advanced Rough-Terrain Robot on Earth". Boston Dynamics. Consultado o 2011-04-06. 
  6. "DARPA Robotics Challenge, RoboSimian (Track A)". JPL Robotics. Consultado o 2016-03-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns exernas[editar | editar a fonte]