Roubaix
| Robaais (nl) Roboais (vls) Roubaix (fr) | |||||
| Lema | «Probitas Industria» | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Alcume | la ville aux mille cheminées | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Altos de Francia | ||||
| Departamento | Norte, Francia | ||||
| Distrito | Arrondissement de Lille (pt) | ||||
| Capital de | canton of Roubaix-Ouest (en) canton of Roubaix-Centre (en) canton of Roubaix-Nord (en) canton of Roubaix-Est (en) canton of Roubaix-2 (en) canton of Roubaix-1 (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 98.286 (2023) | ||||
| Lingua usada | lingua francesa Flamengo occidental lingua neerlandesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921551 Q3551045 | ||||
| Superficie | 13,23 km² | ||||
| Altitude | 32 m-17 m-52 m-33 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Guillaume Delbar (2014–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 59100 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | ville-roubaix.fr | ||||
Roubaix (Robaais en neerlandés) é unha vella cidade industrial do norte de Francia situada preto da fronteira con Bélxica, no sur da antiga provincia de Flandres francés. Está na rexión administrativa francesa de Alta Francia e no departamento francés do Norte, no lado noroeste da aglomeración urbana de Lille. Ten 95.866 habitantes, sendo a terceira cidade en poboación da rexión administrativa, tras Lille e Amiens. É unha das cidades francesas cunha maior presenza de minorías étnicas.
Fai parte dunha conurbación, coas cidades de Lille, Tourcoing e Villeneuve-d'Ascq, e cos suburbios veciños que forman a Métropole europea de Lille a cal ten unha poboación que supera un millón de habitantes.
Coa revolución industrial chegou o crecemento e a cidade foi un importante centro da industria téxtil. A partir de 1821 a poboación decuplicouse ata 1896, para acadar aproximadamente 124.000 habitantes. As industrias, sobre todo da la e algodón, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibiu alcumes coma "o Manchester francés" ou "a cidade das mil chemineas". Durante a segunda metade do século vinte, o sector téxtil padeceu unha gran crise. Actualmente atópase inmersa nunha profunda tarefa de reconversión e rehabilitación do seu tecido urbano.
A cidade é coñecida internacionalmente pola liña de meta da derradeira etapa da competición ciclista París-Roubaix. Fóra do ciclismo, é coñecida tamén polo Museo de Arte e de Industria André Diligent.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roubaix |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial do Museo de Arte e de Industria André Diligent – La Piscine Arquivado 17 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en francés)
- Sitio oficial de turismo (en francés) (en inglés) (en neerlandés)
