Ipecacuaña
Ipecacuaña | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Carapichea ipecacuanha' (Brot.) L.Andersson | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Callicocca ipecacuanha |
A ipecacuaña (Psychotria ipecacuanha), tamén chamada cagosanga, poaia, raiz-do-brasil[1] e ipeca, é unha planta da familia Rubiaceae, moi común nos solos dos montes dos estados de Baía e do Mato Grosso, no Brasil[1].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]"Ipecacuaña" ven do termo tupi ipega'kwãi, que significa "pene de pato"[1]. "Poaia" ven do tupi pu'aya[2].
Emetina
[editar | editar a fonte]As súas raíces contén un poderoso emético (estimulante do reflexo do vómito) denominado "emetina"[1] ou "ipecacuaña". Foi introducida en Europa en 1672 por Legros, un viaxante en América do Sur. Foi usada no tratamento da disentería e vendida polo médico francés Adrien Helvetius baixo a licenza de Lois XIV. Hoxe en día, os fármacos purificados cefaleína e emetina aínda son usados como eméticos. Eles estimulan o centro neuronal vomitivo (área postrema medular).
A emetina tamén é usada contra a amebíase, pois a súa actuación como limitador na formación de proteínas, alén de efectos circulatorios. Polos anos 1930, foi sintetizado a dehidroemetina (diferente da primeira apenas por unha dobre ligazón próxima a un radical etilo), que posúe menos efectos colaterais.
Segundo Cristina Brandt Friedrich, que fai unha pescuda sobre a influencia das doenzas traídas polos colonizadores na formación do Brasil, é que de todo coñecemento da flora medicinal indíxena, a ipecacuaña, tamén coñecida como “planta de doente de estrada”, foi a planta que máis interesou aos europeos por ser usada como purgativo e antídoto para calquera veleno.[3].
Abuso
[editar | editar a fonte]O xarope da planta, chamado xarope de ipeca, xa foi usado por bulímicos a fin de inducir o vomito, mais o seu uso repetido causa acumulación no fígado e problemas no músculo cardíaco.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Carapichea ipecacuanha foi descrita por (Brot.) L.Andersson e publicado en Kew Bulletin 57(2): 371. 2002.[4]
- Sinonimia
- Callicocca ipecacuanha Brot.
- Carapichea ipecacuanha (Brot.) L.Andersson
- Cephaelis acuminata H.Karst.
- Cephaelis ipecacuanha (Brot.) A.Rich.
- Evea ipecacuanha (Brot.) W.Wight
- Ipecacuanha fusca Raf.
- Ipecacuanha officinalis Arruda ex H.Kost.
- Ipecacuanha preta Arruda
- Uragoga acuminata (H.Karst.) Farw.
- Uragoga granatensis Baill.
- Uragoga ipecacuanha (Brot.) Baill.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edicción. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 966.
- ↑ FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edición. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 1 350.
- ↑ Livro revela papel de doenças (e curas) na formação do país. http://www.controversia.com.br/index.php?act=textos&id=8830
- ↑ "Ipecacuaña". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de maio de 2015.