Pierre Daubenton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPierre Daubenton
Biografía
Nacemento10 de abril de 1703
Montbard, ducado de Borgoña
Morte12 de decembro de 1785
Montbard
Associate member (en) Traducir Belles-Lettres et Arts Académie des Sciences (pt) Traducir
1760 –
Académico Académie des Sciences, Arts et Belles-Lettres de Dijon (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónxurista, avogado, político, escritor, enciclopedista
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLouis Jean Marie Daubenton Editar o valor em Wikidata

Pierre Daubenton, nado o 10 de abril de 1703 en Montbard (ducado de Borgoña) e finado na mesma localidade o 14 de setembro de 1776 foi un avogado, político e escritor francés, colaborador da Encyclopédie.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Jean Daubenton e Marie Pichenot, e irmán do naturalista Louis-Jean-Marie Daubenton.[2]

No seu pobo natal, Montbard, foi primeiro avogado no xulgado local e, máis tarde, alcalde, comandante da gornición, tenente da policía e oficial do exército local.

Tamén foi subdelegado da administración en Dijon, capitán dos arcabuceiros, alguacil das abadías de Moutiers-Saint-Jean e Fontenay, membro das Academias de Lión e Dijon, das Sociedades Literarias de Auxerre e Ruán e, finalmente, membro honorario da Sociedade Económica de Berna.[2]

Moi interesado en temas de historia natural, Pierre Daubenton achegou á Encyclopédie de Diderot moitos artigos sobre temas relacionados coa botánica e coa xardinaría e tamén sobre temas agrícolas.

Tamén se lle debe unha "Relación á festa dada en Montbard por Buffon sobre o nacemento do fillo de Luís Henrique, duque de Borbón, príncipe de Condé".[2]

O 22 de outubro de 1737 casou con Bernarde Amyot, coa que tivo un fillo, Georges Louis Daubenton (1739–1785).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louise Lyle & David McCallam, edit. (2008): Histoires de La Terre: Earth Sciences and French Culture 1740–1940. Amsterdam: Rodopi. ISBN 9-0420-2477-1, p. 59.
  • Mémoires de la Société Éduenne, 1879, tome 8. Autun: Dejussieu père et fils, p. 85.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]