Antoine Laurent de Jussieu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Laurent de Jussieu
Nacemento12 de abril de 1748
Lugar de nacementoLión
Falecemento17 de setembro de 1836
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio de Montparnasse
Nacionalidadefrancesa
Alma máterUniversidade da Sorbona
Ocupaciónbotánico
PaiChristophe de Jussieu
FillosAdrien-Henri de Jussieu
IrmánsBernard-Pierre de Jussieu
Lingualatín, frncés
Coñecido poros seus traballos en taxonomía
EstudosLicenciado en Medicina
Profesiónmédico, botánico
OrganizaciónMuseo Nacional de Historia Natural de Francia
CargosDirector de dito Museo
PremiosMembro da Royal Society, da Real Academia de las Ciencias de Suecia, da Academia de Ciencias de Francia, da Academia Nacional de Medicina de Francia
editar datos en Wikidata ]

Antoine Laurent de Jussieu, nado en Lión o 12 de abril de 1748, e finado en París o 17 de setembro de 1836, foi un médico e botánico francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño dos tamén botánicos Antoine, Bernard e Joseph de Jussieu, fixo os seus primeiros estudos en Lión, trasladándose a París para estudar medicina, graduándose en 1770.

Foi profesor de botánica no Jardín des Plantes de Paris desde 1770 a 1826.

A súa revisión da clasificación das plantas da familia das ranunculáceas, en 1773, permitiulle ser postulado e elixido como membro da Academia de Ciencias. Seguía as ideas do seu tío Bernard acerca do Sistema Natural, ao que lle deu unha base teórica e aplicouno na práctica a análise taxonómica de diferentes familias de plantas.

O seu traballo principal foi Genera plantarum secundum ordines naturales disposita, juxta methodum in horto Regio Parisiensi exaratum anno 1774 (París, 1789). Este traballo permaneceu como a base para futuras ampliacións do Sistema Natural de clasificación de plantas, que influíu en varios investigadores franceses tales como Cuvier e de Candolle, e incluso en investigadores alemáns e ingleses que, nun principio, recelaban del, como froito da Revolución Francesa e que estaban traballando con sistema linneano.

En 1784 tras a resolución contra o magnetismo animal promovida polos comisarios designados polo rei, Antoine Laurent de Jussieu defendeu a teoría de Mesmer no seu Relatorio dun dos comisarios co rei do exame do magnetismo animal.[1]

En 1804 ocupou a cátedra de botánica da Facultade de Medicina de París, posto que ocupou até 1826.

En 1829 foi elixido membro estranxeiro da Royal Society.

Volvéndos case cego, dimitiu do seu cargo de director do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, sucendéndoo neste posto seu fillo Adrien-Henri de Jussieu, tamén botánico.

Morreu en París o 17 de setembro de 1836, e está soterrado no cemiterio de Montparnasse desta cidade.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam, anno 1774. MS. notes. París, 1789.
  • Principes de la methode naturelle des végétaux. París, 1824.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Astronomía[editar | editar a fonte]

  • O asteroide 9470 Jussieu leva este nome en honor da familia Jussieu.

Taxons botánicos dedicados[editar | editar a fonte]

Xéneros
Especies

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatutura Juss. emprégase para recoñecer a Antoine Laurent de Jussieu como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antoine-Laurent de Jussieu
  2. Reliq. 6. t. 15 1781 (IK)
  3. Fl. Jap. (Thunberg) 180. 1784 (IK)
  4. Bot. Jahrb. Syst. 19(1): 69 1894 (GCI)
  5. Kakteenkunde 5: 82 1939 (GCI)
  6. Handb. Cacteenk. [Förster] 508, nomen. 1846 (IK)
  7. Enum. Pl. Zeyl. [Thwaites] 285 1861 (IK)
  8. Flora 48: 386. 1865 (IK)
  9. Ann. Sci. Nat. Bot. sér. 2, 13: 279. 1840 (IK)
  10. Ann. Bot. Syst. (Walpers) 6(5): 641 1863 (IK)
  11. Leafl. W. Bot. i. 40 1933 (IK)
  12. Pflanzenr. (Engler) [Heft 91] 4, Fam. 141, pt. 1: 169. 1928 (GCI)
  13. Coll. Bot. t. 26. (IK)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Edmond Bonnet. La famille médicale des de Jussieu et les thèses d’Antoine Laurent. Champion, París 1910
  • Adolphe Brongniart. Notice historique sur Antoine-Laurent de Jussieu. In Annales des sciences naturelles. Botanique. 2º episodio, vol. 7, 1837, pp. 5–24 (online)
  • Marie-Jean-Pierre Flourens. Éloge historique d’Antoine-Laurent de Jussieu. In: Mémoires de l’Académie des sciences. Vol. 17, 1840, pp. I–LX (online)
  • Françoise Huguet. Les professeurs de la Faculté de médecine de Paris. Dictionnaire biographique 1794–1939. INRP/CNRS, París 1991, ISBN 2-222-04527-4
  • Georg August Pritzel. Thesaurus literaturae botanicae. F. A. Brockhaus, Leipzig 1872–[1877] pp. 160 (online)
  • Frans Antonie Stafleu. Jussieu, Antoine-Laurent De. In: Complete Dictionary of Scientific Biography. Vol. 7, Charles Scribner's Sons, Detroit 2008, pp. 198 f. (online)
  • Frans Antonie Stafleu, Richard Sumner Cowan. Taxonomic literature. A selective guide to botanical publications and collections with dates, commentaries and types. Vol. 2: H–Le, 2.ª ed. Utrecht 1979, ISBN 90-313-0343-7, pp. 477–479 (online)
  • Peter Francis Stevens. The Development of Biological Systematics. Antoine-Laurent de Jussieu, Nature, and the Natural System. Columbia University Press, Nova York 1994, ISBN 0-231-06440-3